Foz 06-08-2018.- Dentro da iniciativa do PSOE a nivel provincial, de presentar mocións en todos os concellos, para declarar praga á vespa velutina o concello de Foz o primeiro onde se aproba, dita moción a instancias do grupo socialista.
Co voto a favor dos concelleiros do PSOE, FPF E BNG e a abstención do PP, o último pleno da corporación acordou instar á Xunta a declarar oficialmente como praga a imparable invasión que esta a sufrir dende hai varios anos, tanto no concello de Foz como na comarca da Mariña, os primeiros en sufrir a invasión desta especie de vespa, que se esta estendendo por todo o territorio galego.
A expansión desta especie que comezou ameazando a biodiversidade con ataques ás abellas e vespas autóctonas e provocando importantes perdas económicas aos apicultores na produción de mel e aos agricultores nas árbores froiteiras e as colleitas, o que xa era grave de por si, estase a converter nun problema de saúde serio para a veciñanza. -Até o de agora, que unha vespa atacara a unha persoa non era común, pero como estamos a ver día a día, cada vez se dan máis casos de ataques a persoas-.
A proliferación de niños en lugares inesperados, debaixo dos tellados dos alpendres, en paredes de establecementos comerciais e vivendas, nas esquinas das fincas, en ribadas e incluso con parte do niño baixo terra, xunto coa agresividade dos ataques e o maior veleno da picaduras desta especie, supón un risco moi serio para a saúde das persoas tanto dos núcleos urbanos como de os rurais.- consideran os socialistas focenses.
Si a isto xuntamos á pasividade coa que a Xunta se toma a loita e erradicación desta especie podemos dicir que nos atopamos diante dun grave problema que require solucións drásticas por parte da administración competente, coordinando e ofrecendo medios especializados para combater esta especie.
Á vista está que os convenios asinados pola Xunta cos concellos, como no caso de Foz, son claramente insuficientes, non basta coa dotar de un traxe e unha pértiga e descargar a responsabilidade da retirada dos niños sobre os voluntarios de Protección civil, que non cobran nada por efectuar esta importante labor e teñen facela no seu tempo libre.
Da mesma maneira que de pouco serve que un concello loite dentro do seu termo municipal, faga intensas labores de trampeo e retirada, si outros do redor non o fan.
Os socialistas queremos que se declare PRAGA para que os estudos e a dotación económica e os recursos materiais e humanos sexan maiores e sobre todo ben enfocados para a prevención e erradicación desta especie invasora.
A Xunta e o PP non poden seguir mirando cara a outro lado, deixando en mans dos apicultores, agricultores e os recursos moi limitados dos concellos, as medidas de prevención e trampeo e a erradicación de niños.
Lamentamos a maneira errática de actuar do PP neste tema, votando en contra da declaración de praga na Deputación de Lugo, absténdose no concello de Foz e desentendéndose das súas responsabilidades na Xunta de Galicia.- rematan os socialistas de Foz


















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



