Lugo, 25 de abril de 2019.- A Consellería de Política Social abre hoxe o prazo para participar nos campos de voluntariado dirixidos a persoas de entre 18 e 30 anos, dentro da Campaña de Verán 2019 da Xunta de Galicia que leva por lema “O verán que queres vivir”.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, deu hoxe a coñecer a oferta da campaña na provincia, que inclúe sete campos de voluntariado -seis deles internacionais-, 25 campamentos para nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, e a actividade Conecta con Galicia, na que participa a Secretaría Xeral da Emigración. Ofértanse en total 2.235 prazas en Lugo, que supoñen un investimento de 725.018 euros.
Os campos de traballo internacionais terán lugar en Quiroga, Folgoso do Courel, Pantón, Xermade, Guitiriz e Pobra de Brollón, e en Portomarín haberá outro no que poden participar descendentes de galegos residentes no exterior.
En canto aos campamentos, celebraranse nas instalacións da Xunta en Area (Viveiro), Portomarín, A Devesa (Ribadeo) e Palas de Rei; tamén no albergue municipal de Quiroga e haberá outro na zona sur, entre Carballedo e os concellos limítrofes. Ademais, os albergues de Area, A Devesa e o LUG-2 -en Lugo capital- acollerán catro campamentos en oferta concertada.
A Xunta oferta en total 9.834 prazas nesta campaña, nas catro provincias galegas e mesmo fóra de Galicia. Así, inclúense 320 prazas en campamentos do País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e Cantabria.
O prazo para apuntarse aos campamentos de verán está aberto dende o pasado martes e ata o vindeiro 7 de maio, incluído. Polo que respecta aos campos de traballo, a primeira convocatoria ábrese hoxe e remata o 10 de maio, e abrirase unha segunda entre os días 23 ao 27 de maio para campos de voluntariado no estranxeiro, e dende o 29 de maio ata tres días antes de iniciarse o campo para os que se desenvolven en Galicia e outras comunidades autónomas.
A campaña ten un compromiso inclusivo; todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 prazas para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero. Aplicaranse descontos do 50% para membros de familias numerosas ou monoparentais, e do 25% para os usuarios do Carné xove.
A oferta concreta de datas, lugares, grupos de idade e outros datos pode consultarse na páxina web da Xunta, na área de Xuventude ou no Diario Oficial de Galicia do día 22 de abril.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



