Barreiros, 25 de abril de 2019. O Concello de Barreiros, na facultade que lle confire a Lei do Solo, remitiu xa aos propietarios e promotores dos edificios inacabados os requerimentos para esixir que nun prazo de catro meses actúen nestas estruturas, ben para acabalas ou ben para que procedan a súa demolición.
En total, advertiuse ós titulares de 11 promocións -cinco das cales son xa titularidade de bancos e entidades financeiras-, con edificacións en esqueleto en San Cosme, Moás, Remior, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.
O goberno local que encabeza o alcalde Alfonso Fuente da un paso máis na loita contra o feísmo que dana o municipio, froito da crise inmobiliaria e da situación de impás urbanístico que provocou a actuación do goberno bipartito da Xunta de Galicia e que resolveu en favor do Concello en recente sentenza xudicial.
Ademais, Fuente Parga incide na situación de risco para a seguridade das persoas e na insalubridade destas infraestruturas e no seu abandono, polo que lembra aos propietarios a súa obriga de manter os bens inmobles en condicións óptimas de coidado e ornato público.
O alcalde facultou tamén aos técnicos municipais para que recaben información sobre outras posibles construcións que se atopen en similar situación para realizar, con posterioridade se é necesario, unha nova fase de requerimentos. Iniciase o procedemento con aquelas edificacións que polo seu volume e tamaño máis alteran a paisaxe e provocan un maior impacto estético e no ornato público.
O rexedor manterase firme na folla de ruta marcada polo seu goberno para a recuperación da imaxe de Barreiros, que quedou fortemente danada por un “inxusto proceso derivado dunha mala actuación no seu día do Goberno bipartito da Xunta só por cuestións políticas, como quedou demostrado no xuízo”.
Alfonso Fuente lembra os prexuízos causados no concello “tanto desde o punto de vista paisaxístico, pero tamén na súa potente marca turística xa que é un dos municipios de maior beleza natural da Mariña lucense. Temos que devolverlle o seu esplendor”, asevera.
Sostén, unha vez máis, que ata agora “non puidemos facer nada durante todos estes anos para non entorpecer o proceso xudicial aberto, á espera do resultado absolutorio, que é o que foi finalmente, proceso que finalizou ademais sen afectar a anulación das licencias deste edificios”, sostivo .
A intención do Concello é que nun ano non quede rastro dos esqueletos destes edificios inacabados que afean un municipio que é un dos referentes turísticos do norte de Galicia. O goberno local avanza que seguirá a traballar para que o turismo de xeito controlado sexa unha fonte de dinamización económica do municipio e, polo tanto, de toda a zona, potenciando a súa desestacionalización.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



