Santiago de Compostela, 30 Outubro 2020. Coa segunda onda da COVID en continuo ascenso, o BNG pide ao Goberno da Xunta que actúe con contundencia e adoptando todas as medidas que sexan necesarias para conter a pandemia, evitando os erros de marzo cando se infravalorou a gravidade do virus. Tomar medidas rápidas e contundentes salvará vidas e reducirá o impacto tamén sobre a economía, subliñou a portavoz nacional, Ana Pontón, para quen o peche perimetral dos territorios limítrofes xa están, de feito, decidindo polo Executivo galego.
“O Goberno de Feixóo debería actuar coa mesma contundencia que o fan os executivos do noso entorno, porque sabemos que canto antes se tomen as decisións que permitan frear a expansión da pandemia mellor será, porque poderemos salvar máis vidas pero tamén porque estaremos poñendo as bases para evitar un desastre no económico”, explicou a líder do Bloque tras un encontro cos representantes das principais asociacións de traballadores e traballadoras autónomas do país.
“Pedímoslle á Xunta que actúe canto antes e coa contundencia que o momento require, e desde o BNG temos declarado xa fai tempo que había que blindar Galiza e a día de hoxe todas as comunidades do noso entorno teñen feito ese confinamento perimetral o que na práctica esa é unha medida que outros están tomando por Feixóo”, explicou. “Consideramos que o Goberno galego debe liderar a loita contra a COVID e debe facelo pensando que o máis importante é salvar vidas e canto antes se tomen medidas mellor porque se permitimos que a onda de contaxios cada vez vaia a máis e iso nos vemos abocados a un confinamento, este terá que durar máis e terá un maior custe en vidas humanas, para a saúde e para a economía”.
Neste sentido, a portavoz do Bloque apelou a reflexionar sobre o momento: “que se adopten as medidas necesarias e que non se siga a liña Ayuso de non tomar medidas contundentes porque o que se está facendo non funciona e se algo non funciona hai que cambialo e aprender dos erros da primeira onda da pandemia na que se infravalorou o virus, o que obrigou a tomar medidas máis duras”.
Para o Bloque, que o virus estea descontrolado ten moito que ver co feito de que o Goberno do PP non tivese reforzado a atención primaria nin puxera en marcha unha estratexia de rastrexo dos contaxios con suficiente persoal. “O que lle pedimos ao Goberno é que tome nota da gravidade da situación, porque se espera a que pase o tempo, estamos é perdendo semanas, días e minutos que son ouro para conter a pandemia”, recalcou.
No encontro cos representantes dos e das traballadoras autónomas, Pontón explicou as propostas que o BNG vai trasladar ao Parlamento de xeito inmediato para salvar a un colectivo vital para a economía e o emprego do país, e que ten soportado un maior impacto que no resto do Estado, en concreto, entre decembro e setembro máis de 1.500 persoas traballadoras por conta propia quedaron polo camiño, a maioría mulleres, o 0,7% do total, porcentaxe que case duplica a da media do Estado.
“E iso é só a punta do iceberg porque a caída do emprego entre este colectivo pode agudizarse nesa segunda onda da pandemia, moitos autónomos e autónomas teñen empregados ao seu cargo e se os seus negocios non sobreviven tamén veremos unha destrución de postos de traballo, en particular en dous sectores, como é o pequeno comercio e a hostalería, onde hai que tomar medidas urxentes”, alegou a portavoz nacionalista.
Entre as medidas que pon sobre a mesa o BNG referiuse, en primeiro lugar, a un plan de axudas extraordinario e urxente para todas aquelas actividades que pechan ou que teñen unha redución moi importante como consecuencia dos rebrotes e das restricións; en segundo lugar, reclamou axudas directas para poder facer fronte aos gastos de alugueiro, mesmo contemplando unha redución do 50% no caso de alugueiros de locais de grandes propietarios. E, tamén, ampliar os prazos de carencia tanto dos créditos da Xunta como do ICO, porque este colectivo vai ter unha caída de ingresos derivada dunha redución do consumo que lle dificultará facer fronte a este tipo de custes.
Igualmente, o Bloque pide que se prorroguen os ERTEs e as axudas a nivel estatal porque dará osíxeno a moitas PEMES e, finalmente, que o Executivo galego poña en marcha un plan de consumo no comercio de proximidade para minimizar o impacto da caída do consumo que xa estamos vendo tamén en Galiza.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



