Lugo, 20 de xullo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes en Foz na presentación da programación da VIII edición do Festival Bal y Gay, co que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000€. Un acto ao que asistiron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enríquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto.“Polas súas características e pola súa itinerancia por distintos concellos, este festival ten capacidade para atraer un turismo cultural que está plenamente integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación. Un turismo de calidade e sostible, vinculado ó patrimonio, á cultura e á gastronomía, que favorece experiencias persoais únicas”, resaltou o Presidente na súa intervención.
Tomé Roca destacou tamén que “nestes 8 anos de andaina, co bo facer dos organizadores, este festival converteuse nun referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugar destacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura”.
A Deputación achega 12.000€ para a organización do festival, que se celebrará do 18 ao 26 de agosto nos concellos de Foz, Ribadeo, Burela, Barreiros, Lourenzá, Cervo e Mondoñedo.
“Compartimos plenamente a súa aposta por acercar a música clásica á xente a través de escenarios e lugares de alto interese patrimonial”, subliñou o Presidente, que engadiu que o evento é “unha cita obrigada para músicos internacionais de prestixio, que non dubidan en incluílo como parte das súa axenda anual. É tamén un campus de excelencia, no que os intérpretes máis novos poden aprender de expertos que veñen das mellores orquestras do mundo”.
Así mesmo, o Presidente agradeceu “a labor divulgadora que leva a cabo a Fundación Bal y Gay, coas audicións-coloquio que difunden o coñecemento da música e facilitan o seu desfrute para todo tipo de públicos, ou a celebración de espectáculos infantís e familiares que se levarán a cabo en distintos puntos da Mariña. O Festival Bal y Gay é proba de como a cultura se pode levar a todos e convertela nun vehículo de valores”.
Programación
O 18 de agosto, no Pazo do Conde de Fontao de Foz, o cuarteto Seikilos inaugurará con obras de Turina, Ravel, del Campo y Gómez a edición máis nacional deste festival que mantén o seu concepto orixinal a pesar das restricións provocadas pola pandemia. O 19, na Igrexa de Santiago do concello focense, Cantoría interpretará obras de Monteverdi. As melodías de Beethoven, Chopin, Granados o Listz soarán no auditorio Hernán Naval de Ribadeo o 20 de agosto a cargo de Javier Perianes. El Amor de Brujo de Falla levará a música de cámara ao auditorio de Burela o 21 de agosto da man de Jaume Santonja e María Toledo. A Finca Goleta de Foz será o escenario para desfrutar de Puro Gershwin o 22 de agosto. Obras de Holborne, Bach, Verdi, Puccini, Turina e Bizet soarán en Barreiros e Vilanova de Lourenzá o 22 e 23 de agosto, respectivamente, da man de Hércules Brass. O 24 de agosto, na fábrica de Sargadelos en Cervo, Pablo Sáinz-Villegas achegará os ritmos de Albéniz, Granados, Bal y Gay e Tárrega. Mozart, Saalim e Shostakovich á Basílica de San Martiño de Foz o 25 de agosto gracias ao cuarteto Casals. A Orquestra Sinfónica de Galicia con Dima Slobodeniouk pechará esta oitava edición cun concerto no que interpretarán obras de Bach, Turina e Adams o día 26 de agosto na Catedral de Mondoñedo.
Concertos familiares e obradoiros nos centros de maiores
O programa musical de Bal y Gay tamén contempla tres concertos familiares os días 20, 21 e 22 de agosto en San Cibrao, Ribadeo e Mondoñedo. O ciclo de conferencias Hojas de álbum con invitados de renome da cultura celebrarase en formato online e tamén se levarán a cabo obradoiros de Recuerdos Musicales os días 17, 19 e 21 de agosto nos Centros de Atención a Maiores en Trabada e Ribadeo. Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



