Madrid, 30 de decembro de 2021. O deputado do BNG no Congreso criticou que a Ministra de Industria, Reyes Maroto, veña agora á Galiza “bendicir” o acordo cando o seu ministerio se negou a dar o paso da intervención pública temporal, “que suporía unha solución real de continuidade, sen parada das cubas”, o que abocou os traballadores e traballadoras e ter que elixir entre “o mao e o peor”. Rego salienta que “non é a mellor solución, mais os traballadores entenderon que era a posíbel nestas circunstancias, dado o abandono por parte dos gobernos”, polo que manifesta o absoluto respecto á decisión adoptada en referendo polo cadro de persoal.
Néstor Rego subliña que se os Gobernos español e galego tivesen actuado en tempo a través da intervención temporal de Alcoa, hoxe habería unha situación mellor, cun proxecto industrial que garantise a continuidade da actividade na Mariña e o mantemento da totalidade dos postos de traballo, tamén nas empresas auxiliares. Por iso critica que Reyes Maroto “veña agora bendicir o acordo ao que se viron abocados os traballadores e traballadoras, cando foi a negativa do ministerio a intervir temporalmente a planta a que provocou que se chegase a esta situación”.
Rego salienta que o BNG ve con preocupación a situación dos traballadores e traballadoras das empresas auxiliares mais tamén o cumprimento por parte de Alcoa dos compromiso para a recuperación plena da actividade a partir de 2024 e para a realización dos investimentos previstos, polo que reclama que as administracións públicas “estean vixiantes para que Alcoa teña que cumprir estritamente todos os compromisos asinados”.
Aliás, o deputado do BNG lembra que garantir futuro industrial na Galiza “pasa tamén por estabelecer un marco enerxético adecuado, máis xusto e estábel, non só para Alcoa, senón para o conxunto da industria galega”, polo que reclama ao Goberno español que actúe para mudar a regulación do sector eléctrico e para posibilitar unha tarifa eléctrica galega.
“En todo o caso, o BNG continuará traballando para asegurar a continuidade dunha actividade económica fundamental na Mariña e para preservar a totalidade dos postos de traballo”, afirma Néstor Rego.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



