Lugo, 14 de maio de 2022. A Xunta de Galicia atendeu e analizou as peticións presentadas polo Concello de Muras no proxecto de mellora da LU-540, e de feito executou unha delas como é a construción dunha vía de servizo paralela á estrada, no treito de Leganitos, para evitar que os tractores entren á estrada e mellorar así a seguridade viaria. Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen lembrou ademais que “Respecto á outra das peticións, referida á construción dos accesos ao polígono, dificilmente se pode cumprir cando o polígono non existe. E non hai avances no futuro parque industrial porque o goberno local de Muras non fixo nada neste asunto”.
Arias Fouz dixo “non entender como o goberno local de Muras asegura que a Xunta non ten interese no futuro económico da zona, cando está a bloquear desde hai anos o futuro parque industrial”. O delegado territorial lembrou ademais que “a Xunta fixo todo o que estaba na súa man. De feito, hai dous meses o goberno Galego ampliou a vixencia dun informe ambiental sobre a modificación puntual necesaria para crear o polígono de Cabana, que foi emitido en 2016 e que caducaba o pasado abril, para desta forma evitar que o Concello tivera que reiniciar un novo procedemento e sumar máis demoras a este proxecto tan importante para Muras”.
Co respecto a terceira e última petición, consistente en facer un paso inferior nesta estrada, Javier Arias explicou que “se estudiou a posibilidade, pero acometer esta obra, por un problema dun día ao ano pola festa do Poldro non está xustificado, cando se pode mellorar a seguridade con outras medidas”.























Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



