Alfoz acolleu este luns o primeiro dunha serie de 7 encontros comarcais para 35 persoas dos 67 concellos
Lugo, 4 de xullo de 2022. A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou esta mañá na Casa da Cultura de Alfoz o programa Feminino rural. Evolución, que ofrecerá de forma totalmente gratuíta formación, acompañamento e asesoramento personalizado a mulleres empresarias e emprendedoras do rural da provincia para mellorar ou lanzar os seus negocios. A institución provincial financia integramente cunha achega de 40.000€ esta iniciativa, que desenvolve a Asociación de Empresarias de Lugo (AELU).
No acto, a Deputada estivo acompañada polo Alcalde de Alfoz, Jorge Val, a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Aránzazu Incera, e a técnica de AELU encargada do proxecto, Úrsula Pérez.
“Desde a Deputación de Lugo temos claro que a creación de emprego, sobre todo xuvenil e feminino, é un factor imprescindible para que haxa actividade económica e para fixar poboación no territorio”, sinalou Loureiro. A Deputada avanzou que “así como hoxe estamos na Mariña, levaremos esta iniciativa a todas as comarcas da provincia porque queremos chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar tamén a súa participación”.
O obxectivo deste primeiro encontro, tal e como destacou a Deputada, “é coñecer os proxectos e fomentar o intercambio de experiencias entre as participantes, que beneficien aos proxectos individuais de cada unha”. Logo haberá unha segunda fase na que se dará formación e asesoramento dunha maneira personalizada que, no caso das empresarias, irá dirixido a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados das empresas que teñen en marcha; e, no caso das emprendedoras, recibirán apoio para constituír e para arrancar a súa propia empresa.
María Loureiro desexou que as participantes poidan sacarlle o máximo partido a este programa, “porque iso beneficiará ás empresarias e emprendedoras e, ao mesmo, tempo, será positivo para o emprego e para a economía do conxunto da provincia de Lugo”.
Unha serie de 7 encontros na provincia
Ademais deste encontro que tivo lugar hoxe na Mariña, durante o mes de xullo terán lugar outras seis citas comarcais para presentar este programa nos concellos da Fonsagrada, Vilalba, O Saviñao, Láncara, Antas de Ulla e Lugo.
En cada comarca habilitaranse 25 prazas co obxectivo de crear sinerxías entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras. Despois, haberá unha segunda fase onde participe unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo. Polo tanto, un total de 35 persoas recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



