Os populares lamentan que “PSOE e BNG non teñan vontade de acadar o maior consenso posible en materia de sanidade” e “empreguen a Plataforma como arma de confrontación política”
Burela, 5 de agosto de 2022. O voceiro popular en Burela, Manuel Rouco, sinala que tralo pleno deste xoves quedaron demostradas diversas cuestións. Por unha banda, asegura que “o alcalde Llano, o goberno do PSOE e os seus socios do BNG non queren que o Concello de Burela teña preferencia no reparto de subvencións da Xunta de Galicia”. Así o manifesta tralo rexeitamento de ambas formacións á proposta dos populares para que o Concello de Burela se adherira á iniciativa ‘Concellos Emprendedores’ da Xunta como si fixeron outros Concellos da Mariña de diferente cor política coma Barreiros, Lourenzá, Cervo ou Xove”.
Así, engade que, “deste xeito, rexeitan tamén as implicacións que isto suporía para os empresarios e emprendedores da nosa vila que, segundo o voceiro do BNG no pleno, non os debe haber en Burela”. As vantaxes inclúen a axilidade na tramitación administrativa ou a aplicación de importantes rebaixas fiscais de ata o 95% en impostos coma o de construcións, bens inmobles ou de actividades económicas.
“Outra das cuestións que quedou acreditada é que os partidos que se autoproclaman defensores dos dereitos sociais e da educación só o son de cara á galería. Todo o que fan é falar, pero sen actuar neste sentido”. Así o considera o voceiro tendo en conta que PSOE e BNG votaron tamén en contra doutras dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Popular: “unha, dirixida a premiar aos bos estudantes de Burela e, outra, a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de mobilidade achegándolles a fisioterapia ao seu domicilio. PSOE e BNG escusáronse dicindo que estas son competencias impropias dun Concello e obviando que estas dúas actuacións si as están levando a cabo outros Concellos en Galicia”.
Para Rouco “esta é a demostración palpable do triste proxecto de futuro que teñen estas dúas formacións, tanto o PSOE coma o BNG, para a nosa vila. Todo iso unido á que vai ser a campaña política das mesmas a partir de agora: un intento de acoso e derribo continuo a aqueles que pensan diferente e que non comparten o pensamento que eles consideran que é o único válido”.
PSOE e BNG usan a sanidade como “arma política”
O voceiro popular tamén condena que “PSOE e BNG empreguen a Plataforma en Defensa da Sanidade como punta de lanza para tratar de rascar votos nas vindeiras eleccións locais sen outra motivación que a confrontación política”. Rouco explica que “durante a sesión plenaria tiveron a mellor das oportunidades para buscar o maior consenso posible, pero o alcalde desbotouna ao non aceptar a votación por separado dos puntos sometidos ao pleno”. O Grupo Municipal Popular estaba disposto a apoiar algunha das peticións, pero abstívose na votación porque “non podiamos apoiar algún dos puntos que non están o suficientemente acreditados ou que non se axustan á verdade”. O popular lamenta que “unha vez máis tanto o PSOE e o BNG usen a sanidade como arma política”.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.


