Ribadeo, 24 de novembro de 2022. O orzamento do Concello ribadense para 2023 ascende a máis de 10.650.000 euros, un 8% máis que no exercicio anterior, segundo deu a coñecer o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso. O presuposto recolle unha inversión inicial de 1.120.000 euros de fondos propios municipais para atender actuacións como a reforma integral do Hospital Asilo ou a adquisición de terreos para o centro de saúde.
O edil nacionalista contou que “onte celebramos no Concello unha comisión informativa cos representantes de todos os grupos municipais para informar dos orzamentos para o ano 2023 e que imos levar ao próximo pleno para a súa aprobación. Trátase duns orzamentos equilibrados que ascenden a 10.650.543,31 euros, é dicir aumentan case un 8% con respecto ao exercicio anterior e sen que se incrementen os impostos nin as taxas que son competencia do Concello, agás a do servizo de subministro de auga que, ao tratarse dunha concesión debe actualizarse co ipc interanual segundo figura estipulado no contrato”.
Pablo Vizoso explicou que “estes orzamentos caracterízanse por “contemplar o incremento salarial do 3,5% establecido polo Estado para o persoal público ademais do 1,5% xa acumulado ao longo do 2022. Garanten o elevado nivel de actuacións e servizos en todas as áreas do Concello de Ribadeo prevendo xa o incremento de custes que se ven experimentando dende hai meses. Increméntase o capítulo de servizos e de financiamento de actividades nas áreas sociais, culturais ou deportivas para manter a actividade habitual por parte do Concello.E tamén se incrementan as axudas para o tecido asociativo, coma nos exercicios anteriores, que se destinan a asociacións deportivas, culturais ou asistenciais, tendo en conta a existencia de novas agrupacións asociativas”.
O concelleiro de Economía subliñou que “os orzamentos de 2023 recollen unha inversión inicial de máis de 1.120.000 euros financiada con fondos propios municipais para atender actuacións de gran importancia para Ribadeo como son a reforma integral do Hospital Asilo ou a adquisición dos terreos para o centro de saúde, aínda que se trate de competencias da Xunta e non do Concello. Consígnanse partidas para acompañar os proxectos que deben ser financiados coa achega doutras administracións. A todas estas inversións hai que sumar as que recentemente foron licitadas ou que están a piques de licitarse e que serán executadas ou iniciadas nos primeiros meses do 2023”.
Vizoso Galdo dixo que “esta aposta pola inversión e tamén a previsión de ingresos a consecuencia da instalación e implantación de actividades novas é unha boa proba da evolución favorable da actividade económica e comercial no noso concello sen perder de vista o contexto de dificultades que se experimentan actualmente. No ámbito social mantéñense os fondos para familias con necesidades, para atender o servizo de axuda no fogar, e intégrase na estrutura do Concello a xestión e o persoal do Hospital Asilo para garantir o mellor funcionamento nesta fase antes de acometer as obras de reforma. Somos conscientes de que se trata dun proxecto que consume moitos recursos públicos, pero tamén de que é un servizo que as veciñas e veciños de Ribadeo nos merecemos e como xa manifestamos anteriormente estamos dispostos a facelo aínda que non se conte coa resposta favorable da Xunta de Galicia, que é quen ten a competencia nesta materia”.
O edil ribadense comentou que “se conseguen financiar todas estas partidas, actividades, servizos e inversión mantendo a débeda do concello nun niveis moi baixos, reflexo da xestión eficiente e do equilibrio orzamentario.Como proba sirva este dato: ao remate do exercicio actual a débeda do Concello situarase no 9,85 % sobre os dereitos de operacións correntes, incluso máis baixa que o ano anterior; unha porcentaxe ou unha ratio que nada ten que ver coa débeda que se viña arrastrando noutras etapas”.
Pablo Vizoso engadiu que “por suposto, todas estas partidas veranse incrementadas ao longo do vindeiro exercicio coas achegas do Plan Único da Deputación de Lugo e coas que poidan prever tanto a Xunta como o Goberno do Estado, cando sexan firmes e confirmadas, asinando os convenios ou acordos que procedan co Concello de Ribadeo”.
O orzamento de 2023 debaterase na sesión plenaria extraordinaria, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de novembro.





















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



