Escrito de xeito numérico? 8 000 000 000. É unha cifra como outra, mais é a cifra que hai hoxe tres semanas foi sobrepasada pola poboación mundial, segundo os expertos no tema. En Galicia, cunha poboación minguante mesmo a pesar da inmigración, somos capaces de ter unha idea sobre que a poboación aumente, pero quizais, en xeral, non sexamos quen de xuntar esa cifra, a poboación que medra e o significado cara ó futuro dun xeito consistente.
Por poñer un exemplo, nos tempos nos que corría cara ás clases de xeografía, Europa tiña unha poboación maior ca de África, nada que ver coa relación hoxe en día, e a India, que o próximo ano será o estado máis poboado do planeta, tiña unha poboación de un terzo da actual. Algo que, aplicado a un mapa, fai cambiar o xeito no que (e do que) de se ve.
A cantidade non é máis que unha das facetas en relación á poboación. Marrocos daquela tiña un terzo da poboación de España, e hoxe por hoxe supera os 4/5, a máis de que España integra hoxe por hoxe unha porcentaxe de persoas de orixe marroquí nas súas contas (1,6 % do total de poboación). E iso ten importancia na relación ‘de forza’ dos estados. O dentro deles: Galicia ten hoxe por hoxe unha porcentaxe de poboación do estado dun 5,5 %, mentres no 1970 a porcentaxe era un 7,6 %, é dicir, en xeito xeito, a ‘importancia’ de Galicia en España era case un 50 % maior hai cincuenta anos.
Máis? Mentres hoxe a idade media da poboación en Galicia aproxímase ós 48 anos, no 1970 andaba polos 35. Algo bo é algo malo: ser máis lonxevos vai asociado a unha mellor calidade de vida. Pero o ter relativamente menos xente nova leva consigo cousas como menor impulso vital ou económico, ou problemas de sostibilidade social completamente diferentes. É un cambio máis da estrutura da poboación que vai moito máis aló da apreciación dunha menor necesidade de garderías infantís e maior de residencias de maiores.
E, todo o anterior, sen considerar a sociación das meras cifras de poboación con outras, como consumo de recursos ou produción de contaminantes per cápita (e polo tanto, a nivel global e de cada comunidade).
Fíxoseme raro que desta volta, xa digo, hai tres semanas, se tomara a cifra de oito mil millóns sen asociala, nos medios galegos, á decrecente poboación local, por outra banda, fonte de titulares recorrentes ao menos dúas veces ó ano, con motivo dos informes dos institutos de estatística (INE e IGE). Ó igual que se me fai curioso a insistencia nas cifras e non no significado que levan asociado e a rede de relacións entre cifras diversas, nun mundo en transformación, non só con moitos e grandes problemas e desafíos, senón tamén con moitas e grandes oportunidades.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



