Aínda que apenas ten impacto sobre o fondo mariño, é a frota máis afectada pola prohibición aprobada pola Comisión EU e vixente desde o 9 de outubro
Burela, 30 de xaneiro, 2023. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Universidade de Santiago de Compostela expuxeron este luns no “Comité de Diálogo Social Sectorial da Pesca” o impacto socioeconómico do Regulamento que prohibe a pesca en 87 áreas, demostrando que se aprobou sen un estudo previo de impacto social.
O “Comité de Diálogo Social Sectorial para a Pesca Marítima” é un organismo asesor da Comisión Europea para a parte social da pesca na que participan as organizacións máis importantes e representativas dos traballadores e empresarios do sector pesqueiro, que analiza diferentes asuntos relativos ao ámbito social e ao impacto socio económico na pesca.
Na reunión do Comité deste luns expúxose e debatido a primeira estimación do «Estudo de Análise socioeconómica e impacto do Regulamento de Execución (UE) 2022/1614 da Comisión para a frota de Palangre de Fondo, que determina as zonas de pesca de augas profundas existentes e o establecemento dunha lista de zonas nas que se sabe que existen ou é probable que existan ecosistemas mariños vulnerables», elaborado pola USC, e que a OPP-7 Porto de Burela incorporaba como argumento socio-económico no seu recurso de anulación presentado contra esta norma #ante o Tribunal Xeral da UE de Luxemburgo o pasado mes de decembro.
Na súa intervención, o xerente de OPP-7 Burela, Sergio López, agradeceu ao Comité a oportunidade de presentar o impacto desta norma, á súa entidade e as súas empresas de ámbito familiar, enumerado os principais argumentos en que se basea o recurso de anulación, destacado as principais características técnicas das súas frotas, especializadas na pesca con anzol (palangre), arte tradicional que prima a calidade #ante a cantidade.
As principais capturas das súas frotas están dirixidas á pescada, especie demersal que non é de augas profundas, pero que resultaron ser as máis prexudicadas por este Regulamento de execución, principalmente porque se decretou o peche xeral de zonas sen ter en conta o impacto de cada arte de pesca no fondo mariño; un impacto que este tipo de palangre non provoca.
Na súa intervención conxunta coa OPP de Burela, o profesor Gonzalo Rodríguez, coordinador do grupo de investigación de economía pesqueira e recursos naturais da Universidade de Santiago de Compostela, sentenciou que “las flotas palangreras de fondo en aguas europeas no serán viables con los cierres generales decretados en este reglamento de ejecución”.
Gonzalo Rodríguez, tamén coordinador das “Táboas input-output da pesca e conserva de Galicia” (TIOPC-19), explicou como se estudaron diferentes escenarios seguindo o criterio de prudencia e unha metodoloxía do Sistema Europeo de Contas, homologada a nivel internacional e que se utilizou noutros estudos de impacto socioeconómico do sector pesqueiro.
No seu estudo avaliouse e cuantificou o impacto socioeconómico en tres escenarios diferentes, @teniendo en cuenta a redución de capturas nas primeiras semanas, a evolución da inflación e a súa estrutura de custos, que desembocará nun grave impacto directo e indirecto.
Estímase que o impacto directo da aplicación do novo Regulamento pode chegar a supoñer unha redución de ata 27 millóns de euros na facturación global, con perdas anuais de ata 150.000 euros anuais por barco, o que provocará un dano irreversible e estrutural no futuro desta frota, ademais dun efecto no emprego directo nestas empresas de ata 190 postos de traballo no mar.
En canto ao seu impacto indirecto, estas perdas da frota palangreira provocarán unha redución nas empresas auxiliares e provedoras, que tamén verán reducida a súa facturación ata en 17,5 millóns de euros, con inevitables consecuencias nos seus postos de traballo en terra.
Por tanto, estima que os efectos da aplicación deste Regulamento xerarán un declive económico e social irreversible para esta frota tan especializada e vulnerable, afectando a todo o sector pesqueiro e á economía de Galicia en xeral, debido ao claro efecto multiplicador que ten a Pesca, con interrelación en 64 dos 81 subsectores económicos identificados en Galicia, cuestión máis grave nas zonas máis afastadas dos núcleos industriais e moi dependentes da pesca.
A Comisión EU participa no Comité de Diálogo Social Sectorial para a Pesca Marítima a través da DG Emprego e a DG Mare. Estes últimos representantes non participaron na presentación nin o debate posterior, ao ser un tema que está reclamado en fase xudicial. Esta “desconexión” dos representantes da DG Mare foi criticada por Cepesca, Europeche e os representantes sindicais. A OPP Burela considera que esta desconexión vai en contra do diálogo continuo que a Comisión Europea pregoa e non cumpre, e non deixa de ser outra desculpa máis desde a aprobación inicial deste Regulamento. A súa reflexión final foi: “si esta norma crea más problemas que soluciones, si se aprueba de forma tan incompleta técnicamente y con un impacto tan desproporcionado, ¿por qué no se puede rectificar antes de que sea irreversible en la competitividad de nuestras empresas y en el empleo?”
Os representantes do Comité de Diálogo Social Sectorial da Pesca comprometéronse a enviar a presentación co impacto socioeconómico aos departamentos de DG Mare, DG Emprego e DG Seguridade.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


