Pérez emprazou ao Goberno do PP a trasladarlle ao goberno central estas demandas que xa se atenderon noutros países da nosa contorna e que “non só favorecería ao propio sector senón á poboación en xeral e, moi en particular á máis desfavorecida economicamente, ademais de contribuír a fomentar o consumo de produtos pesqueiros”
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro 2023. O BNG esixiu hoxe na Cámara que o Goberno do PP lle demande ao Estado o cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galiza para a rebaixa do IVE de peixes e mariscos. Ademais, demanda que esta rebaixa sexa do 0% e tamén a reestruturación das axudas directas para o combustíbel pesqueiro para que ningunha embarcación quede fóra dos impulsos.
A portavoz de Pesca, Rosana Pérez, criticou a orientación das axudas do Estado recollidas no Real Decreto-Lei 6/2022, uns apoios que exclúen a parte da frota galega e que prexudican á frota artesanal, a máis numerosa en Galiza, xa que o novo criterio do ministerio son só os metros de eslora, o que producirá agravios importantes entre embarcacións do mesmo censo e caladoiro.
Pérez Puxo como exemplo o caso dun barco que se dedique ao marisqueo cunha subvención de 1.100 euros que, polas características do seu traballo, emprega unha cantidade mínima de combustible, característica que tamén afecta ás embarcacións percebeiras, que faenan menos horas. “Pola contra, dúas embarcacións de 4 homes cada unha, que andan ás nasas ou aos miños na mesma zona de traballo, é dicir, coa mesma arte de pesca os dous a unha que teña 9,20 metros de eslora vanlle dar unha axuda de 1.100 euros e a outra que teña 12 metros percibirá 6.621 euros, que é un 600% máis que a outro”, o que evidencia uns criterios de axudas desentendidos da realidade do sector pesqueiro galego.
Neste sentido, das axudas do ministerio, advertiu a portavoz de Pesca, quedarán excluídas aquelas embarcacións que non estean ao corrente no pago á Seguridade Social ou a Facenda, que son un número elevado, xa que a actual situación de crise non permitiu que todas puideran facelo.
“É inexplicábel que o Real Decreto-Lei tampouco contemple a un sector fundamental en Galiza como é o do mexillón e non recolla ningún tipo de axuda para os barcos da cuarta lista cando en Galiza hai centos de barcos auxiliares de pesca e, sobre todo, de explotación de acuicultura, como as bateas de mexillón”, denunciou a parlamentaria do BNG, que emprazou á Xunta a trasladar tanto a demanda da rebaixa do IVE a peixes e mariscos ao 0% como a reestruturación das axudas directas para o combustíbel pesqueiro, evitando así que ningunha embarcación quede fóra. O BNG tamén conseguiu o compromiso do Parlamento para trasladar á Xunta que convoque as axudas temporais, directas e urxentes ao sector pesqueiro que minimicen as consecuencias derivadas da crise actual e que xa foran aprobadas por unanimidade no mes de abril do 2022. Propostas asumidas pola maioría absoluta dos Populares.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



