Pontón: “Lamentablemente en San Caetano non temos un goberno de Galiza senón unha xestoría que traballa para o lobby eléctrico”
Santiago de Compostela, 1 febreiro 2023. O BNG denunciou ante a sede da Xunta que o Goberno do PP non só auspicia un boom eólico depredador vendendo Galiza a prezo de saldo ás eléctricas, senón que actúa con total opacidade e escurantismo, negando información ao Parlamento pese as reiteradas peticións do Bloque, que reclama explicacións sobre os centos de millóns de euros que as eléctricas debían abonar como compensación por non executar os plans industriais vinculados a adxudicación de parques eólicos.
A portavoz nacional, Ana Pontón, denunciou que, lamentablemente, en San Caetano máis que un goberno que defenda Galiza, hai unha xestoría que traballa para ás eléctricas.
“O Goberno do PP está traballando para as eléctricas e en contra dos intereses dos e das galegas, e por se fose pouco, está perdoando ás empresas adxudicatarias de parques eólicos o desenvolvemento dos proxectos industriais vinculados a esas adxudicacións ou, no seu defecto, a súa monetarización”, denunciou, como o caso destapado por ADEGA con Greenalia, á empresa na que se recolocou a ex conselleira do PP, Beatriz Mato, e á que a Xunta lle eximiu de pagar 11,7 M€.
O Bloque está convencido de que este caso, -exemplo perfecto de portas xiratorias-, “é só a punta do iceberg”. De feito, moitas das empresas adxudicatarias de megavatios no concurso eólico de 2010 non levaron a cabo os plans industrias comprometidos, polo que tiñan que abonar unha compensación económica ás arcas públicas que, segundo recolle o DOG, ascendería a 1.600 millóns de euros.
Neste contexto, o BNG vai solicitar unha comisión parlamentaria de investigación sobre o boom eólico, sobre o porqué se lle oculte información aos galegos e galegas e sobre as razóns polas que se lles está perdoando ás eléctricas o pago de indemnizacións que tiñan que ir ao erario público por non desenvolver plans industriais aos que se comprometeron, anunciou Pontón.
A proposta dunha comisión parlamentaria de investigación formúlase ante a total opacidade do PP e a súa contumaz negativa a todas as solicitudes de información formuladas polo BNG, a través do artigo 9 do regulamente da Cámara; pola vía de preguntas ao Goberno en pleno ou a través de diversas iniciativas parlamentarias. “É gravísimo que se lle esta regalando diñeiro a mans cheas ás empresas eléctricas e por riba se tome polo pito do sereno ao Parlamento agochando documentación que ten obriga de aportar. É evidente que o PP ten moito que ocultar e que está traballado a favor das eléctricas e en contra do interese de Galiza”, alega.
A líder do Bloque denuncia que a barra libre ao espolio eólico, “forma parte dunha auténtica estafa colectiva a este País, o PP está traballando para as eléctricas cun boom eólico depredador, en moitos casos con lexislación a medida e incumprindo a lei. Máis alá das responsabilidades penais, que debe dirimir a Xustiza, hai que esixir responsabilidades políticas no Parlamento, e o BNG non vai permitir este atropelo”, conclúe.
Diante da entrada principal da Xunta, a líder nacionalista lamentou que detrás do enreixado de San Caetano non estivese a sede do Goberno galego, “senón unha xestoría ao servizo das eléctricas e a un presidente que lles coloca alfombra vermella favorecendo o espolio eólico do País”.
“O PP traballa para as eléctricas cunha lexislación ad hoc, traballa para as eléctricas cando paraliza a rede natura, -pese a estar moi por debaixo da media estatal-, para facilitar a instalación de parques eólicos; traballa para as eléctricas cando vemos que se aproban proxectos que son anulados ou paralizados pola xustiza e traballa para as eléctricas cando vemos como dun xeito acelerado e con opacidade se da barra libre ao espolio eólico aprobado un aluvión de parques”, concluíu a portavoz nacional.




















Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.



