Unha representación da rapazada burelá participou dos actos no Parlamento acompañada entre outros do tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado
Burela, 29 de novembro de 2023. O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela vén de participar nos actos celebrados con motivo do Día Mundial da Infancia no Parlamento de Galicia. Alí expuxeron as conclusións do traballo feito no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, sendo María, a portavoz do GPA de Burela, a encargada de pechar as intervención.
O tenente de alcaldesa de Burela e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, acompañou á rapazada xunto á educadora familiar e ó director da Casa da Xuventude do Concello. Pillado destacou deles o “traballo indispensable para acadarmos a distinción de Candidata a Cidade Amiga da Infancia”.
“Quero mostrar o orgullo que supón para o equipo de Goberno e para a vila de Burela en xeral o comportamento e a actividade do GPA, que se exemplificou con este acto no parlamento”, apuntou o tenente de alcaldesa.
A intervención da portavoz do GPA de Burela destacou as experiencias intercambiadas no encontro realizado en Carballiño, sinalando que a participación da mocidade é “indispensable para facer a nosa sociedade un pouco máis igualitaria, xusta e diversa”.
No acto, os diferentes grupos de participación xuvenil fixeron ademais entrega ó presidente da cámara, Miguel Santalices, dun cadro realizado por eles mesmos co lema “Os nosos dereitos, a nosa voz. Moito que contar”.
Esta visita ao Parlamento produciuse precisamente logo de que o Concello de Burela fose oficialmente recoñecido como candidato ao recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.
Esta distinción está impulsada pola Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, conformada por representantes do Ministerio de Xuventude e Infancia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e UNICEF España.
“Para nós é unha satisfacción moi grande recibir esta distinción por parte dun organismo coma UNICEF, posto que non hai demasiados concellos que a teñan”, afirma Pillado. “Temos claro que non é un fin en si, senón un medio para seguir traballando de cara a ser Cidade Amiga da Infancia, pero sobre todo, para conseguir darlle á infancia e a adolescencia o espazo e a protección que merecen”, conclúe.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



