Mondoñedo, 4 de decembro do 2023. O concelleiro do BNG, Eloi Cabanas, lamenta que os orzamentos de Mondoñedo aprobados o pasado xoves para o exercicio 2024 sigan a inercia negativa dos de anos anteriores, denota no goberno municipal unha falta de proxecto global a longo prazo para impulsar o desenvolvemento de Mondoñedo e considera que limitarse facer políticas de retención do gasto sen buscar novas fontes de financiamento para cubrir as necesidades básicas do concello resulta insuficiente.
Eloi Cabanas, critica que estes orzamentos sexan un rápido corta e pega dos de anos anteriores amosando con claridade un goberno sumido na “autocomplacencia”, escaso de ideas novas e proxectos de futuro para Mondoñedo.
-O GOBERNO POPULAR NON RESOLVE AS PRINCIPAIS QUEIXAS DA VECIÑANZA-
Segundo o BNG, estes orzamentos non van reverter as necesidades actuais de mellora e mantemento das infraestruturas e dos espazos públicos co actual cadro de persoal que se dispón neste momento no concello e pide que se atenda ás consideracións que se veñen reiterando ano tras ano nos informes de secretaría – intervención para que se actualice a RPT e se cubran as prazas vacantes detalladas no anexo de persoal.
O BNG, neste proxecto de orzamentos, bota en falta unha aposta clara e decidida pola inversión real financiada con recursos propios e nesta escasa marxe de manobra na que se sume o concello destacan que o anexo de inversións represente só un 0,78 % do total da proposta orzamentaria. “Agora se o concello quere consignar novo crédito en inversións terá que depender das transferencias de capital doutras administracións, das propias modificacións orzamentarias, respectando sempre o principio de equilibrio orzamentario, ou do remanente de tesourería”.
Os nacionalistas tamén botan en falta nestas contas as propostas que levan demandando durante anos no concello como a elaboración dun inventario de camiños públicos, o establecemento de liñas de axudas a asociacións en base a criterios obxectivos e transparentes a contemplación dunha partida económica para conceder axudas de libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado con dificultades económicas ou a ausencia de medidas concretas para unha maior protección do cemiterio vello municipal.
O BNG pregúntanse en que vai mellorar o concello de Mondoñedo ao remate do exercicio 2024 con respecto ao deste ano así que por todos estes motivos o sentido do voto do grupo municipal do BNG no concello foi o de rexeitar a proposta de orzamentos para o vindeiro ano.
-ROGOS E PREGUNTAS-
O BNG interesouse polas solucións ao deterioro do vial alternativo habilitado polo concello entre a capela de San Vicente e o Barrio de Lousada por mor do derrubo da estrada local que une as parroquias de San Vicente e Sasdónigas o pasado inverno. O concello anunciou o asfaltado dos cincocentos metros alternativos de pista a cargo dun Plan de Infraestruturas Rurais da Xunta para o exercicio 2024 así que mentres tanto o transporte escolar seguirá realizando o servizo pola nova ruta variada o pasado 14 de novembro.
O BNG formulou un rogo para que se atendan as queixas dos veciños e veciñas das rúas Álvaro Cunqueiro e San Roque polo estado ruinoso de moitos inmobles da zona. O concello avanzou que xa puxo este feito en coñecemento da empresa externa de servizos que ten contratada para a xestión de expedientes sancionadores, algo que recoñecen, vai ser un proceso lento e con moito papeleo.
O BNG tamén lle pediu ao concello mediación entre a Xunta de Galiza e a Deputación de Lugo para que se arranxe canto antes o burato provocado pola rotura dunha tubaxe de desaugue situada entre a marxe da estrada provincial LU-P-3103 e a escola de Santa María Maior. A Deputación non se recoñece competente para solucionar o problema nese punto ao descorrer por alí un rego de auga competencia de Augas de Galiza.


























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



