Sen espazos comúns non hai comunidade, sen comunidade non hai sociedade, e sen sociedade non hai persoas.
Comezando polo final, as persoas constituímos a sociedade, pero é precisamente o estar inmersos na sociedade, esa constitución social, a que nos fai persoas. Os raros casos como os de nenos criados por lobos ou por outros animais amosan que tiveron que recibir coidados sociais antes de poder dicir deles que eran ‘persoas’. E os sentimentos que definen as persoas están relacionados coa sociedade na que teñen acubillo. É unha cuestión de aprendizaxe social que non só leva a diferentes vivencias senón tamén a diferentes formas de vivilas.
Mais a sociedade está baseada nunha comunidade, ‘condición do que é común, do que se dá en común’, di o dicionario. Se non temos nada en común, pode ser formalmente unha sociedade, pero é como se estiveramos vivindo en Marte en troques de na Terra. Algo que se visualiza cando aparecen novas como que algún empresario está a darlle voltas a facer posible que multimillonarios podan, efectivamente, facerse ilusións de ir vivir a Marte. En realidade pódese dicir que é como se xa o estiveran a facer, de separados das vivencias do día a día das ‘persoas de a pé’ que poden sentirse ou que podemos imaxinalos. Por outra banda, o esnaquizamento da comunidade -consciente ou non- dá lugar mesmo a considerar ó outro como non persoa, fóra da sociedade ou sen dereitos, como parece estar ocorrendo agora mesmo en Gaza, despois de ter ocorrido en Auschwitz ou no Campo de concentración de Arnao.
O caso é que a comunidade, base da sociedade e do desenvolvemento das persoas, hai que coidala para que poda vivir e ser aproveitada. Entre outras cousas, necesita espazo. Espazo físico, territorio para poder asentarse, estar, e tamén espazo no inmaterial, onde poder intercambiar ideas sen interferencias que as desvirtúen ou fagan imposible a comunicación. E así, chegamos a cousas que son evidentes, aínda que presentadas a bote pronto ou fóra de contexto podan non semellar tan evidentes. Exemplos son a ocupación de espazo público, desaloxando as súas posibilidades de mantemento de comunidade, para facer del almacén -recorte de rúas, onde os nenos xa non poden xogar, para facer aparcamento- ou negocio -deixar a rúa reducida a inatendido corredor entre terrazas-. No caso do abstracto inmaterial, a colonización da rede internet por anuncios e peaxes de paso expulsan da comunicación o que non estea ‘patrocinado’, tendo ademais que enfrontarse a trabas legais por protección administrativa en caso de tratar temas relacionados coa xestión do poder -aí está a lei mordaza, que non se dá derogado polas ‘esquerdas’ despois de ser proposta polas ‘dereitas’- e a desprotección ante ataques de terceiros con insultos ou ameazas, algo do que temos experiencia que se está a producir ata no que se chama ‘altos niveis’, por superar que o estea a sufrir un mesmo.
Se queremos seguir a chamar ás persoas así, ‘persoa’, co mesmo significado, teremos que coidar eses espazos comúns, mantelos de todos sen discriminación -sexa por peto, raza, sexo ou outras ocorrencias-, darlles vida, usalos e aproveitalos como abono do xerme do que temos en común, que como persoas é practicamente todo.



















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



