Reparar. Unha palabra á que se lle anexan significados en diferentes contextos, e ó tempo, é clara: a primeira acepción no dicionario da RAG é ‘Devolver ao bo estado [algo que estaba deteriorado ou avariado]’. E logo, ‘Realizar unha acción tal que diminúa ou faga desaparecer os efectos daniños, negativos ou prexudiciais de [outra]’. E aínda, ‘Restablecer [a forza, o ánimo etc.]’. É dicir, tres significados que están relacionados.
Aínda así, aclaro: non me refiro aquí a cousas como reparar danos de guerra (moito se podería falar sobre iso nestes tempos), senón á simple reparación de útiles e aparellos. Unha ollada sobre algo no que a UE, mediatizada por intereses diversos, só hai un mes (23 de abril) que chegou a un ditame descafeinado e difícil de que del resulte o impacto que debera. Cabe dicir algo como ‘Non é para menos, a situación é abondo complicada’…
En tempos, desparafusador, chave inglesa, lima, e pouco máis, a máis de paciencia e interese, permitían amañar un coche a alguén cun pouco de coñecemento e mans. Hoxe, mesmo con coñecementos amplos é difícil amañar máis aló de algunha pequena cousa, sen ter o permiso, vía compra de máquina diagnosticadora e outros ferregachos subministrables pola empresa construtora. Empresa que así ten suxeitos e controlados ós talleres, convertidos á súa volta en imprescindibles para os usuarios finais.
E, quen di coches, di, a diferentes escalas de posibilidades, case calquera aparello, de móbiles -xa feitos para que non se podan nin abrir- a lavadoras -que case pode dicirse que levan data de caducidade- ou impresoras -fabricadas mesmo para pararse a partir dun certo número de copias-. Aparellos todos os citados que nos levan, xunto con outros como as lámpadas que nos iluminan ou as medias, a outro concepto xurdido no século XX, a obsolescencia programada. É dicir, o facer obxectos a posta para que non duren moito para que haxa que comprar outros novos (e polo tanto, seguir dando cartos ó fabricante). Algo que é contraproducente non só polo que significa de necesitar recursos para a fabricación que de algures teñen que saír, co impacto medioambiental correspondente, senón tamén por primar ás empresas que o practican fronte ás que non o fan (cun pernicioso efecto económico de primar o mal feito). Se en tempos Philips facía rasuradoras ‘eternas’, unha vez vendida unha a un home, este non tiña que comprar outra ata moito tempo despois. Así, se outra marca ‘X’ as facía cunha duración estimada poñamos, a cuarta parte, no mesmo tempo abríaselle tres veces máis oportunidades de futuras compras, e polo tanto, de ingresos e ganancias. Ese é o resume, aínda que o comercio sexa máis complexo, tendo que considerar outras cousas como o custe de materiais e man de obra (menor no caso de ‘X’) e que o lapso de tempo de uso sexa abondo para que non sexa tan evidente para o cliente que a inversión nunha máquina de ‘X’ non pode competir en custo en relación ó servizo prestado.
Volvendo á reparación, hai tempo que os reloxos de pulseira tradicionais pasaron a ser irreparables máis aló do cambio das pilas en caso de que esa sexa a fonte de enerxía (imposible abrilos sen ferragachos especializados) ou do remprazo do conxunto da maquinaria. É dicir, tirando dunha necesidade extra de recursos, eliminando capacidades técnicas da poboación (e polo tanto tamén posibilidades de desenvolvemento) e manténdoa cativa de novas compras. Algo ben diferente do que se trataría en cambio, ó facer a reparación en troques de cambiar o aparello na súa totalidade. E, mentres, seguimos dependentes, sen liberdade para usar o que ‘é noso’ como se fora noso.
A proposta da UE (a ‘Directiva’, termo legal que emprega a UE) para procurar que as cousas se podan reparar, dá un número importante de pasos (incluíndo a prohibición por contrato de prácticas empresariais que impidan a reparación ou o facilitar o acceso a documentación e repostos). Mais non é doado, e falla en poñer coto ás restricións pola chamada propiedade intelectual e o dereito de copia, o que usado como arma pode anular todo o resto de melloras.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



