As eleccións nacionais catalãs deste domingo 12-M determinaron a perda para o soberanismo catalán da maioria absoluta no Parlament, por primeira vez dende as eleccións de 2012. O PSC de Salvador Illa gaña en votos (case un 28%) e deputados, obtendo 42 (+9), mentres que Puigdemont rendibilizou só en parte a súa proposta restitutiva e obtivo 35 escanos (+3), cun 21,6% de votos (uns cen mil votos máis, gañando en 30 dos 42 bisbarras catalãs) fronte ao 20.1% de 2021, no que, porén, foi o seu mellor resultado dende o 1-Ou de 2017. Cómpre salientar que só 200 votos en Lleida determinarían o 36 para Junts+Puigdemont e 41 para o PSC. Que perdería entón a posibilidade de maioria absoluta nun hipotético tripartit PSC-ERC-Comuns-Sumar, malia que esta posiblidade xa foi desbotada na noite electoral polo president en funcións Pere Aragonés.
A perda da maioria absoluta independentista alicerzouse na catástrofe electoral (patacada, por usarmos um termo catalán) sofrida por ERC, que só quitou 20 deputados (-13), cun moi curto 13,6% de votos e polas CUP condenadas pola súa inutilidade política, que só quitaron 4 representantes(-5) cun 4% de votos. Junts, ERC e CUP pasan de 74/135 deputados a 59/135. Os dous deputados que quita Aliança Catalana (3,8% de votos) completa o 43% aproximado que constitúe o peor resultado para o soberanismo dende o 2000.
Mentres o PP quita 15 (+12!!) cun 11% de votos e Vox mantén os seus 11 cun 8% de votos. As forzas que apoiaron o 155 no 2017 (PSC, PP e Voz) quitan agora maioria absoluta (68/135) e un 47% de voto conxunto, co discurso máis dependente de Madrid da historia política do PSC e do PPC.
Sánchez foi o grande vencedor da noite electoral, máis aló mesmo ca Illa, rendibilizando substancialmente a súa “retirada táctica”, mentres as forzas que partillan o Goberno do Estado aproban, pois que os 9 deputados que gaña o PSC compensan abondo os 2 que perden os comuns (quitaron 6, cun 5,8% de votos), malia que a decadencia deste espazo político e o seu progresivo reintegro no espazo do PSC semella evidente. Máis ainda, é evidente que Pedro Sánchez afortala o discurso español en Catalunya, tanto á esquerda como á dereita.
Cunha participación semellante ao da 2021, porén, a chave dos resultados é a desmobilización duns 300.000 electores independentistas que determinan o desastre de ERC e a CUP e a remobilización unionista xerada pola españolización dos relatos e, tamén, pola demonización da inmigración, discurso partillado polo PP e Vox e, dende outra perspectiva, pola Aliança Catalana.
Desbotado por ERC o tripartit PSC-ERC-Comuns/Sumar só semella probábel un goberno en minoria do PSC ou unha repetición electoral. Sería ERC quen decidirá, malia que unha repetición catalã no vindeiro outono ben podería xerar tamén a disolución do Parlamento estatal por parte dun Pedro Sánchez afortalado que poderia tentar aproveitar para reducir a súa dependencia dos soberanismos.
Máis complexa semella a proposta de Puigdemont para un goberno de minoría independentista (55/135 deputados) superior en escanos á eventual coalición PSC-Comuns/Sumar. Requiriría unha abstención do PSC que Illa, de primeiras, desbotou. O que é evidente é que nada ha ser outra vez igual e que para ERC e a CUP ábreselle unha etapa de fonda reflexión, mesmo de refundación.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



