Unha sociedade na que a xente participa pode ser máis complexa e tamén máis complicada de xestionar, mais iso é precisamente unha indicación de que está viva.
Chamoume a atención unha nova de hai poucos días: mentres houbo menos de dez alegacións previas á aprobación do novo nomenclátor de Galicia, foron máis numerosas as protestas a posteriori da súa aprobación. Estamos a falar, neste caso, de entidades, concellos, máis que de persoas, o que expón mellor as deficiencias de participación, ó verse implicadas institucións, polo tanto con máis forza que persoas individuais para facerse valer. E queixas que son algo que aflora ás claras despois das verbas dunha declaración do alcalde do Porto do Son, que se queixou de ser consultado o concello pero non poder participar no proceso. E iso que o alcalde é do PP, o que -nas actuais circunstancias e mentalidade- supón ter máis facilidade de acceso ó proceso e a quen o leva a cabo e debe aprobalo. Tamén pode que por iso o termo empregado sexa ‘queixa’ e non ‘protesta’.
Non se trata só deste caso concreto, de estar de acordo cuns determinados cambios ou non, o que sería un máis dos casos posibles, senón que a tendencia enfoca en xeral ó sistema de aprobación e aplicación de normas sociais (leis incluídas) animadas e certificadas dende a política. De novo, podería dicirse que os políticos, aínda con moita variación entre grupos e mesmo dentro deles, van polo voto, que transmite o poder do pobo que vota a quen elixe en representación, non axustando logo o poder (quen ten xa o poder) ó mandato que dá ó voto, comezando por esquecer o estar en contacto co pobo para poder levar a cabo esa representación de xeito fiel. Non quere iso dicir que haxa que realizar un referendo entre os votantes de cada representante para poder tomar cada decisión, senón ter a oportunidade de coñecer e valorar de xeito adecuado o que pensa e sinte quen vota.
Pola contra, dende a ditadura non se chegou a valorar abondo a participación cidadá, perdendo os partidos o pouco impulso que en xeral tiñan ó comezo do período constitucional, para tentar establecer as canles desa participación. Unha mostra observable é a imposibilidade de participación nas decisións da administración máis próxima a nós, a local. Aínda que en cada concello é diferente, cando hai algunha posibilidade de participación, soe ser abondo descoñecida e, dun xeito ou outro, dificultada na práctica e mediatizada. No caso de Ribadeo, o máis que se logrou ate o momento, de xeito regulado, é poder preguntar por medio dunha asociación de veciños ó concello con contestación (coa venia do alcalde, que se ten esquecido máis dunha vez, esmorecendo o seu uso dende hai máis dunha década) ó final dos plenos, ou a proposta a partir da convocatoria por parte do concello de ‘consellos’ con participación de asociacións, non ó revés. A variación desa normativa tentouse facer xa hai anos vía a estratificación e dependencia das asociacións veciñais das asociacións de tipo económico (comercia, empresarial…).
Mentres, a participación procúrase nunhas eleccións nas que se nota o medre da desafección ás entidades de goberno e o impulso a acollerse a calquera populismo con promesas que moitas veces se esvaecen nada máis exercer o voto, unha vez impulsado o ‘líder’
correspondente. E así ó longo do tempo, con trabas á participación que non sexa controlada polos partidos políticos, de xeito que as asociacións esmorecen. Non é de estrañar que a protesta se vexa como xeito de participación. E si, é un xeito de participar, pero no que as contribucións positivas vense minguadas o basearse na confrontación e non na construción. Dende logo, non é o óptimo. Pero moitas veces é a única saída para ter oportunidades de participación social efectiva.




















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



