Lugo, 5 de febreiro de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro, este martes, con usuarios da asociación ALUME Saúde Mental. Fixérono para coñecer, de primeira man, os resultados da colaboración que manteñen o Executivo Provincial e Municipal con este colectivo que atende a unha media de 68 usuarios á semana de entre 18 e 60 anos de idade. O Goberno da Deputación achega 32.000 euros a esta asociación para sufragar os custes dun obradoiro de formación prelaboral e un programa de atención a persoas no rural lugués. Ademais, a través do Tecendo Emprego, ALUME poderá contratar durante un ano a un educador social.
López Izquierdo sinalou que “colaboramos con ALUME, ano tras ano para garantir medidas que traten de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de enfermidade mental. Xunto co Concello de Lugo, mantemos un firme compromiso polo benestar de todos os veciños, demostrando que somos dúas institucións sumamente sociais”.
Da achega total do Executivo Provincial, 11.000 euros son para levar a cabo o obradoiro de formación prelaboral. A través desta iniciativa os usuarios deste colectivo, toman contacto e aprenden actitudes relacionadas con conductas básicas necesarias para desenvolverse adecuadamente nun posto de traballo mediante talleres de cerámica, coiro, pintura en tela… Neste senso, afianzan comportamentos como a implicación e aprendizaxe de horarios, o compromiso de empezar e rematar unha tarefa, a asunción de responsabilidades, coñecer habilidades laborais ou aprender normas básicas para traballar de cara ao público, entre outros.
Ademais das actividades enmarcadas no obradoiro de formación prelaboral, ALUME leva a cabo atención individualizada para os usuarios deste colectivo que sofren enfermidades mentais crónicas. Ofrece, polo tanto, información e coñecemento das patoloxías que padece cada usuario, e traballan no seu tratamento. Nesta mesma liña, tratan de rehabilitar aspectos cognitivos, sociais, de coordinación psicomotriz ou de reincorporación social, a través de talleres moi diversos: de vida saudable, cociña, deporte ou xardinería, entre outros.
Programa de atención no rural
O Goberno da Deputación tamén colabora coa asociación cunha achega de 21.000 euros para atender a persoas no rural. A través desta iniciativa, tratarase a como mínimo 8 usuarios que viven en zonas illadas e rurais (Piornedo, Láncara ou Navia de Suarna, entre outros), levándolles atención necesaria a domicilio unha vez por semana.
Deste xeito, as persoas que non poden desprazarse e padecen trastornos mentais graves, recibirán rehabilitación no fogar coa axuda de dous técnicos. Na maioría dos casos, estes usuarios viven sos ou con persoas tamén dependentes, polo tanto, traballarán na súa casa, habilidades cognitivas, coñecemento básicos das medicacións que teñen que tomar ou aspectos sociais, como a xestión dunha axuda.
Tecendo Emprego
ALUME é unha das 41 asociacións beneficiadas do Tecendo Emprego, o plan laboral da Deputación que busca favorecer a contratación de veciños con maiores dificultades para atopar traballo. Deste xeito, o colectivo poderá contratar durante un ano a un educador social, cuxos custes asume a Deputación. A esta oferta de emprego poderanse presentar mozos recen titulados de ata 35 anos que non tiveran experiencia laboral neste ámbito. O prazo de inscrición está aberto ata o día 15 de febreiro e as persoas interesadas en optar a este posto, poden formalizar a súa inscrición a través da Axencia de Colocación da Deputación.
ALUME
Este colectivo social creouse no ano 1995 por familiares de persoas con enfermidades mentais e profesionais da Saúde Mental de Lugo. Presta atención a 68 usuarios por semana, ofrecendo actividades e información de todo tipo. O seu principal obxectivo é o de sensibilizar a sociedade sobre os problemas e as necesidades deste colectivo, así como das súas familias. Nesta liña, realiza un arduo traballo de concienciación sobre as enfermidades mentais e as súas consecuencias, así como pon en contacto a usuarios que padecen trastornos semellantes.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



