FOZ .- A Plataforma Queremos Galego na Mariña convocaba na tarde de onte unha concentración que foi apoiada por mais de 500 persoas que rexeitan o novo Decreto do galego no ensino presentado o pasado sábado pola Xunta de Galiza. Para os representantes de Queremos Galego na Mariña, a mobilización foi un éxito tendo en conta a urxencia da convocatoria, feita nun so día, que demostrou capacidade de resposta da cidadanía mariñá contra un decreto que anula os dereitos de vivirmos na nosa propia lingua.
A voceira de Queremos Galego na Mariña, Dores Fernández Abel deu lectura ao manifesto e fixo referencia ao toque de atención que a sociedade galega lle deu na xornada de onte a política lingüística da Xunta de Galiza e urxiu ao Goberno de Feijoo a que volva ao consenso sobre o idioma expresado polo Plano de Normalización Lingüístico aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza. “Non podemos consentir que desde unha institución que nace ao abeiro dunha lei orgánica”, en referencia a Xunta, “que entre os seus obxectivos se marca a promoción da lingua galega, se proceda a un ataque contra o idioma sen precedentes desde o final do franquismo” afirmou Fernández Abel, quen recordou a crítica situación que vive o idioma galego nomeadamente nos ámbitos urbanos e nos segmentos máis novos da sociedade galega.
A Portavoz de “Queremos Galego” fixo fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados ate o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”. Fernández Abel chamou “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



