Viveiro, 18 de outubro, 2019. O BNG de Viveiro lamenta a falta de interese da alcaldesa pola aprobación dun orzamento municipal participativo para que, logo dun ano de orzamento prorrogado, no 2020 o concello e a veciñanza podan contar cunhas novas contas municipais que contribúan a solucionar os problemas reais de Viveiro. Míriam Bermúdez critica que “a falta de dez semanas para que acabe o ano, Loureiro non lles entregou aos grupos da oposición ningún borrador do proxecto de orzamento municipal de 2020. É incomprensible que un goberno que ten ao concello funcionando a medio gas co presuposto prorrogado por mor da súa incapacidade política para aprobar o orzamento de 2019, continúe instalado na mesma actitude pasiva e empeñado en gobernar de espaldas aos intereses do concello, coas consecuencias negativas que se derivan disto e que padecen @s veciñ@s.
@s nacionalistas teñen claro que, esta falta de información e transparencia do Goberno do PSOE sobre o proxecto de orzamento municipal para o 2020, demostra por un lado, a nula vontade en impulsar un presuposto municipal participativo entre a veciñanza (unha ferramenta de democracia directa que permitiría á veciñanza falar das súas demandas e propostas e contribuír así a definir o destino dunha parte do orzamento municipal) e por outro lado demostra, o desínterese por facilitarlles aos grupos da oposición o devandito documento para o seu estudo, con tempo suficiente, para traballar e lograr conxuntamente acordos en actuacións clave para Viveiro co fin de aprobar con carácter definitivo, antes do 31 de decembro de 2019, o orzamento xeral para poñelo a andar a partir do 1 de xaneiro de 2020.
Míriam Bermúdez di “trátase do orzamento municipal onde teñen que estar as prioridades, programas e accións nos que se empregarán os fondos públicos para o vindeiro ano, actuacións e proxectos prioritarios para Viveiro, así como programas de axudas ao tecido asociativo social, cultural, deportivo, veciñal e outros colectivos viveirenses para que estes podan planificar e organizar debidamente o seu calendario anual de actividades.”
O BNG de Viveiro empraza ao Goberno Socialista a reconsiderar o seu procedemento empregado para a aprobación do orzamento e a apurar os prazos para traballar pola aprobación en pleno dun novo orzamento xeral, que permita comezar a poñer en marcha os proxectos vitais para o concello e veciñanza a partir de xaneiro. @s nacionalistas cren que só remando tod@s na mesma dirección poderán saír adiante as actuacións clave para Viveiro, por iso cren que non se entendería que o goberno do PSOE tivese en mente ir a unha 2ª prórroga do orzamento de 2018, ou ao desapoderamento legal do pleno a favor da Xunta de Goberno para aprobar o orzamento municipal sen acordo plenario a través da utilización da contravertida Disposición Adicional Decimosexta da Lei reguladora das bases de réxime local, engadida pola Lei de racionalización e sostenibilidade da administración local, á que algúns califican de lei de recentralización xurídica e favorecedora da privatización dos servizos públicos, impulsada e aprobada polo goberno de Mariano Rajoy.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



