Ribadeo, 23 de decembro de 2019. O Concello segue a eliminar de especies exóticas invasoras a marxe da ría, no tramo situado ao sur da enseada das Aceas. A madeira retirada ven der ser doada á Orde Marta y María, que é a responsable do Hospital Asilo.
O Concello de Ribadeo, a través do proxecto LIFE FLUVIAL (do cal é beneficiario asociado), está a realizar a eliminación de formacións de especies exóticas invasoras (Eucalyptus spp.) de titularidade privada no tramo situado ao sur da enseada das Aceas, situadas dentro da Rede Natura 2000 (ZEC Río Eo-Galicia ES1120002, ZEPA Ribadeo ES0000085), na parroquia de Ove, para posteriormente restaurar a vexetación natural nesas superficies, e polo tanto favorecer o restablecemento nun estado de conservación favorable dos tipos de hábitat do corredor fluvioestuarino da Ría de Ribadeo (91E0*, 9230).
Dende a elaboración da candidatura inicial do proxecto o Concello de Ribadeo, na súa condición de beneficiario asociado de LIFE FLUVIAL, tivo o compromiso de que a madeira xerada polo proxecto con motivo da eliminación das formacións de especies exóticas invasoras (Eucalyptus spp.), teña unha finalidade social dentro do territorio municipal. Para tal fin, o Concello acaba de facer entrega da devandita madeira á Orde Marta y María, responsable da xestión do Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro, para que se destine ao funcionamento e sostemento ordinario desta instalación radicada no concello. Deste xeito, o proxecto LIFE FLUVIAL contribúe, a través do Concello de Ribadeo como beneficiario asociado, a que esta entidade sen ánimo de lucro, en virtude da súa actividade habitual, vexa potenciado o seu papel na intervención social a nivel municipal.
A madeira eliminada das formacións de especies exóticas invasoras (Eucalyptus spp.) de titularidade privada por parte de LIFE FLUVIAL responde a un longo proceso de posta en marcha dunha elaborada estratexia. LIFE FLUVIAL contemplou a adquisición, mediante expropiación, deses terreos de titularidade privada da parroquia de Ove por parte do Concello de Ribadeo, para que despois, na súa condición de beneficiario asociado do proxecto LIFE FLUVIAL, achegue os terreos necesarios para a restauración do corredor fluvioestuarino na Ría de Ribadeo (no tramo situado ao sur da enseada das Aceas), e en concreto para a recuperación dos tipos de hábitat 91E0* e 9230, hábitats de bosques incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE. Con data 24 de maio de 2018 o Concello de Ribadeo aprobaba inicialmente por acordo plenario o proxecto de expropiación para a mellora e restauración de hábitats no corredor fluvioestuarino da Ría de Ribadeo. O proceso finalizaba coa aprobación do Decreto 35/2019, do 14 de marzo (DOG 69, 09/04/2019), que declaraba a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto LIFE FLUVIAL na parroquia de Ove en Ribadeo. Despois da aprobación desta disposición legal, comezouse a eliminar as formacións de especies exóticas invasoras (Eucalyptus spp.), xa co Concello como titular destes terreos.
O obxectivo xeral do proxecto LIFE FLUVIAL “Mellora e xestión sostible dos corredores fluviais na Rexión Atlántica Ibérica” (LIFE16 NAT/ES/000771) é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000 en Galicia, Asturias e Portugal, mediante a conservación e restauración dos seus principais tipos de hábitat de bosque (91E0* e 9230) incluídos no Anexo I da DC 92/43/CEE. Este proxecto, no Concello de Ribadeo, está a desenvolver unha actuación de elevado carácter demostrativo, altamente replicable noutros territorios e situacións, posto que comprende a adquisición de terreos privados para eliminar formacións de especies invasoras que constitúen unha ameaza para a biodiversidade e o patrimonio natural, a restauración desas áreas mellorando o estado de conservación dos tipos de hábitats naturais e seminaturais, e revertindo a madeira eliminada nunha finalidade social dentro dos territorios onde se está a desenvolver o proxecto.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



