As actividades están dirixidas ás crianzas de entre 3 e 12 anos, e teñen lugar na Casa do Mar durante estas datas de lecer. Este luns os nenos elaboraron uns adornos para o árbore de Nadal do máis orixinais.

Está organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras "As Encaixeiras" e conta co apoio do Goberno galego. O porto de Burela é o escenario no que as palilleiras convocadas amosan o seu traballo ás persoas que se achegan. O programa inclúe tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
Con motivo desta celebración, acercouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de produtos variados. A alcaldesa afirma que “cumprir 103 anos é algo excepcional e merece todo o recoñecemento do Concello”.
Unha nova edición que está organizada pola Asociación Clásicos Mindonienses Mira e Anda e que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, o Concello de Abadín e os locais de hostalería Finca San Antonio, Perlora e A Taberna da Galiana de Mondoñedo.
Os feitos delituosos tiveron lugar a pasada fin de semana, cando o presunto autor tentou acceder ao interior das instalacións da piscina municipal, ocasionando danos á porta de acceso por un valor de 600 euros. No marco da investigación procedeuse á súa detención ao constarlle unha requisitoria en vigor dimanante do Xulgado do Penal nº 1 de Lugo de detención, comparecencia e ingreso en prisión. A persoa detida foi trasladada para o seu ingreso no centro penal de Bonxe.
Con esta iniciativa, aberta para todas as persoas nadas en 2018 ou en anos anteriores, búscase incentivar á práctica deportiva á vez que poñer en valor uno dos enclaves naturais do municipio. A actividade desenvolverase en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas, e conta cun número limitado de prazas. Por iso, será necesario realizar unha inscrición gratuíta a través dun formulario dispoñible nas redes sociais do Concello. O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 2 de xuño ás 14:00 horas. As prazas iranse adxudicando por orde de inscrición.
Na presentación, este luns, participou Leandro Quelle e Rubén Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela, organizadora da feira, acompañados polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de agricultura, Dolores Meitín. Dende o Concello de Xove convidan a toda a veciñanza e tamén a todos aos afeccionados/as ao mundo do gando a que se acheguen disfrutar dunha xornada familiar dende as 9.30, con importantes premios e sorteo dun poldro.
Os feitos iniciáronse o pasado martes, cando unha patrulla identificpi a unha veciña de Cervo, de 32 anos de idade, a cal, ao observar a presenza dos axentes apeouse do vehículo que conducía, permitindo que o seu acompañante continuase o traxecto. A maneira de actuar de ambos levanto as sospeitas dos axentes, polo que se procedeu a identificar aos dous ocupantes do turismo, comprobando que a persoa que inicialmente o conducía nunca obtivera permiso de conducir algún. Transcorridas menos de 24 horas e, paradoxalmente no mesmo lugar, observouse a un veciño de Mondoñedo de 51 anos de idade, o cal conducía un vehículo malia constarlle unha perda de vixencia do permiso de conducir por esgotamento de puntos. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Mondoñedo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital