Minifundismo, este é o mellor termo que define un teórico espazo da política galega. Aquel que engloba a nacionalista e galeguistas que non militan no BNG e que son transversais na súa percepción política, coa excepción de Compromiso por Galicia, que é un partido organizado, con xa case oito anos de acción e con presenza en Europa. No resto solo vexo un grupo de xente con boas intencións ao comezo, pero sen os mecanismos políticos. Que ao final terminan por practicar unha política lobista de intento de influenza, pretendendo negociar coas forzas existentes baixo a consigna dunha teórica unidade, na que cada quen, paradoxo, ten o método infalible. Mais ninguén é capaz de ser xeneroso no plantexamento real, o que xera a unha tremenda impotencia e frustración, que se transforma á súa vez en rancor e acción contra as organizacións que no mercan o seu método. Un resumo do que leva anos pasando en Galicia.
Mais están totalmente equivocados, realidade é a que é, cada vez máis forza dos partidos centralistas e a irrupción grazas ás propostas de algúns, da esquerda españolista e centralista de Podemos e IU en Galicia. O que ven a demostrar o fracaso de moitos de estes expertos en métodos. Galicia non precisa unha unidade hexemónica das forzas que defenden Galicia como Nación. Nunha única e imperfecta organización que necesariamente se transforme nun arbitro de egos, non precisamos ese tipo de unidade fracasada. Galicia precisa unha UNIDADE de ACCIÓN política, real e firme. Unha forma pragmática de ver a política que pense e actúe politicamente en beneficio de País en non e chave partidaria.
Mentres os espazos rupturistas e restos de En Marea decidiron non representar a Galicia nas eleccións lexislativas, nunha mostra da súa incoherencia política, dúas forzas: Compromiso por Galicia e BNG fixeron unha aposta necesaria de Unidade de Acción, que vistos os resultados outorgaron unha representación real de Galicia en San Jerónimo. Porén non foi unha imposición, foi unha negociación un acordo pragmático e no que cada quen actuou en interese de Galicia e cada organización sígue coa súa identidade sen renunciar a nada.
O camiño non é debilitarse en entelequias dun so partido, iso debilita a acción como forzas netamente galegas, eu sempre me pregunto: Euskadi e Catalunya so teñen unha forza nacional? Non. Pois está claro logo que é o máis efectivo.
A situación real de risco social e económico de hoxe en Galicia fai preciso un entendemento amplo con un proxecto de País. Sen a triste e única mensaxe de botar a Feijoo, ise non é o camiño, o camiño é un proxecto de mínimos de Galicia e un acordo de unidade de acción preservando as organizacións para fortalecelas. Mais en isto o que si non ten espazo son aqueles que usan Galicia como escudo para negociar coas forzas estatais e non perder o seu estatus quo persoal. Esas persoas son aínda máis miserentas que os que queren rebaixar a Galicia a un territorio máis de España.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



