Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020. ESKARIAM, empresa xurídica especializada en demandas colectivas con sede en Madrid, puxo en marcha a reclamación masiva contra o cártel do leite en Galicia despois de reunirse con asociacións, cooperativas e afectados durante os últimos meses.
Segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), todos aqueles que se viran afectados por estas prácticas anticompetitivas, tanto gandeiros en activo como os que pecharan a súa explotación, poderán reclamar – sempre e cando venderan leite cru de vaca entre os anos 2000 e
2013- antes do próximo 11 de xullo de 2020, día no que vence o prazo.
Ante a proximidade da data, Eskariam despregou todos os seus recursos en territorio galego para loitar polos intereses dos gandeiros da rexión, poñendo ao seu dispor os seus servizos legais co fin de abrir as vías necesarias para iniciar unha reclamación contra este cártel e lograr o resarcimento dos danos e perdas sufridos pola súa actuación.
O ditame da CNMC pon de manifesto como, entre os anos 2000 e 2013, as empresas transformadoras de leite intercambiaron información, a nivel nacional e rexional, sobre prezos de compra de leite cru de vaca, volumes de compra e excedentes de leite, con consecuencias economicamente insostibles para os gandeiros españois, que viron como o prezo polo que vendían a súa produción era cada vez menor.
Galicia foi, nese sentido, a comunidade máis penalizada por estas prácticas. Así, concentrando máis da metade das explotacións lácteas de España, viu como nos últimos 20 anos se foi destruíndo boa parte desa forza produtiva por mor da baixada dos prezos.
Segundo David Fernández, fundador e CEO da compañía de servizos xurídicos, “o noso equipo traballa para gañar grandes causas que permitan que o mundo sexa un lugar máis xusto. É por iso polo que dirixiremos esta reclamación e a levaremos dende o principio ata o final cun só obxectivo: gañar. E estamos tan seguros do noso éxito que asumimos o risco do procedemento e
todos os gastos que este supón, e o gandeiro só pagará os nosos honorarios se gañamos o caso”.
Engade tamén que “ademais, para fortalecer o noso equipo, acadamos dous acordos estratéxicos para esta macro-demanda que redundarán nun servizo de máxima calidade para os gandeiros. Dun lado, asinamos un acordo co despacho internacional Hausfeld, que dotará a Eskariam de maior financiamento, medios e experiencia en materia de reclamación de danos por prácticas
anticompetitivas. E do outro, asinamos un acordo coa compañía de referencia mundial en peritaxe, Compass Lexecon, para a determinación do dano, defender os intereses dos gandeiros e vencer nesta causa”.
Acordo en Galicia coa Asociación Agromuralla
Co obxectivo de informar sobre os seus dereitos ao máximo número de afectados posible no ámbito rural, Eskariam estase poñendo en contacto con asociacións locais das distintas comunidades onde existen produtores prexudicados polas prácticas anticompetencia levadas a cabo polas industrias lácteas. Unha mostra disto é o recente acordo pechado con Agromuralla para facilitar aos seus asociados a posibilidade de recuperar o dano económico sufrido pola actuación do cártel do leite.
O presidente de Agromuralla, Roberto López, destaca que “os gandeiros e gandeiras que durante anos sufrimos os prezos baixos do leite, como consecuencia do acordo entre as empresas de recollida do leite, temos dereito a recuperar uns cartos froito do noso traballo. Trátase de
cantidades importantes que nos pertencen. É unha oportunidade a custo cero que non debemos desaproveitar”, polo que anima aos gandeiros “a perder o medo e reclamar”.
Agromuralla, un referente no sector lácteo con máis de 400 socios, dispón dunha importante presenza en toda a provincia de Lugo e en zonas produtoras limítrofes da provincia da Coruña. A asociación naceu a finais do 2015 a raíz das mobilizacións polos baixos prezos do leite en orixe e é moi activa na defensa do sector fronte aos abusos das industrias e cadeas de distribución, contribuíndo desde a súa creación de forma moi notable á visibilización do sector lácteo.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



