Ribadeo, 20 de xuño de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle unha nova comunicación á Consellería de Política Social en demanda de axuda económica para afrontar a reforma do Hospital Asilo e para buscarlles un acomodo transitorio aos usuarios e usuarias durante o tempo no que se realicen as obras. O investimento ascenderá a 1.600.000 euros. O rexedor agarda que a Xunta de Galicia estea á altura das circunstancias e da historia.
Suárez Barcia lembrou que “levamos un longo e complexo trámite desde hai tempo para darlle un ambicioso e importante cambio ao edificio do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro. Os técnicos municipais tiveron que redactar un proxecto de mellora para adaptalo á normativa actual e integralo a todos os efectos no sistema asistencial autonómico. A cifra do proxecto final, actualizada cos incrementos de custos e materiais, ascende a máis de 1.600.000 euros. Tamén é certo que dispoñemos da importante axuda da herdanza que o señor Francisco Moreda legou e que a falta da venda do seu piso e da confirmación do preito contra o Banco de Santander, que gañamos en primeira instancia, podemos dicir que ascende a uns 800.000 euros”.
O rexedor indicou: “pero isto é iso, xustamente a metade do necesario, e sen ten en conta o novo mobiliario e equipamento que loxicamente se deberá meter, pois con unha obra no continente, non se deberá reutilizar o mesmo contido”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “hai máis de un ano pedímoslle formalmente axuda á Conselleira de Política Social para dous conceptos imprescindibles: para a execución das obras e para buscarlles un acomodo transitorio aos usuarios e usuarias durante o tempo necesario para a execución das obras, pois o ruído, o po, e os perigos derivados dunha obra, desaconsellan simultanear o uso e a estancia dos traballos de reforma. Pero daquela, a conselleira non se quixo implicar directamente e tan só nos mandou a un técnico da súa área para que tomase nota desta situación”.
Fernando Suárez relatou que “entrementres, nós quixemos seguir traballando e conseguimos o visto e prace da Xunta ao proxecto redactado e que ademais conta co informe favorable da oficina de supervisión de proxectos da Deputación (que é o organismo encargado de tramitarlles isto aos concellos cando as obras superan o medio millón de euros). Ademais, hai poucos días, aproveitando unha liña de axudas de Fondos Europeos NextGeneration, solicitamos unha axuda ao Goberno do Estado para poder colaborar na reforma deste Hospital Asilo por entender que cumpre os criterios establecidos nesta convocatoria”.
O rexedor subliñou que “con todo isto, desexamos reiterarlle formalmente á Xunta a nosa petición, por unha banda de axuda económica pola parte que non chegue da herdanza recibida e da posible achega do Goberno do Estado con estes fondos NextGeneration. E pola outra banda, que nos dean unha solución ao transitorio desprazamento dos usuarios do Hospita -Asilo a outro Centro ou Centros entrementres se executen as obras”.
E engadiu: “esta é a comunicación formal que vimos de ter con lealdade e con transparencia coa Consellaría de Política Social. Todo o mundo sabe que a Xunta non participou con nin un so céntimo de euro na construción e xestión da nova Residencia de Maiores, que nestes días cumpre o seu terceiro ano de funcionamento. E confiamos que desta volta, a Xunta de Galicia, como titular pleno das competencias en materia de residencias e de política social, estea á altura das circunstancias e da historia. Veremos a ver”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



