Ribadeo, 23 de xuño de 2022. O Concello realiza a execución subsidiaria dunhas obras nun céntrico edificio da rúa Villafranca do Bierzo, debido ao descoido e á desatención por parte dos seus propietarios que foron facendo que o seu deterioro afecte non so ao ornato senón tamén á seguridade pública. O importe das obras ascende a 20.000 euros e o prazo de execución será dun mes, segundo informou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “hoxe iniciamos unhas obras das que non nos gusta facer, pero que temos que executalas por responsabilidade para protexer aos viandantes e para garantir unha mínima seguridade pública.Trátase dun céntrico edificio da Rúa Villafranca do Bierzo que desde hai uns anos a esta parte, o descoido e a desatención por parte dos seus propietarios foron facendo que o seu deterioro afecte non so ao ornato público senón tamén á seguridade pública”.
Suárez Barcia lembrou que “o Concello xa declarou a ruína parcial do inmoble ao ser declarada en ruína a súa cuberta no ano 2014. Desde aquela foron desatendidas todas as advertencias que o Concello fixo tendo que chegar a impoñer un total de catro multas coercitivas por un importe de máis de 8.200 euros”.
O alcalde contou que “hai pouco tempo quixemos acceder ao interior para comprobar a gravidade da situación actual e non puidemos facelo pola negativa dos residentes e pedímoslle auxilio á xustiza, pero non o obtivemos dado que nos comunicaron que debiamos actuar doutro xeito sen invadir o domicilio”.
Fernando Suárez indicou que “agora, atendendo aos informes técnicos municipais que nos indican que debemos adoptar medidas inmediatas, acabamos de contratar unhas obras de urxencia consistentes en asegurar e estabilizar a carpintería de exteriores, en facer arranxos na cornixa, nas fachadas, substitucións dos canalóns, pintados e adecentados.
Estas obras ascenden a uns 20.000 euros de diñeiro público, que van saír de todos e de todas as ribadenses. O prazo de execución é de un mes e a obra foi adxudicada a Coto Estudios y Construcciones”.
O alcalde subliñou: “e o que si debe quedar claro é que os importes, tanto das sancións aínda non cobradas como toda esta execución subsidiaria, serán cobrados polos sistemas previstos nas leis, chegando incluso, se é necesario, ao embargo da propiedade”.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



