As laranxas vólvense cruzar con este rival na súa pretemporada por segunda vez consecutiva obtendo o mesmo resultado
Burela, 24 de agosto, 2022. O CD Burela FS vólvese enfrontar ao Poio Pescamar FS noutro partido de pretemporada en apenas 4 días. Outro choque con dous equipos moi competitivos, que non volveu decantarse par ningunha escuadra.
Comezaba este encontro con intensidade, ambos os equipos intercambiaban ocasións nos primeiros minutos. Ían ser as locais as que se ían a adiantar por medio de Anna despois dun centro de Marta polo á esquerda da pista no minuto 4. Emilly xa daría un susto na seguinte xogada respondendo cun disparo ao poste, e Laura Uña tería para o Poio outro disparo ao pau. Con todo a partir do minuto 9, que se traduce no empate das laranxas con protagonismo de Irene Samper tras un disparo cruzado, produciríase un vendaval por parte do CD Burela FS.
Emilly roubando o balón en ataque anotaría o segundo. Minutos máis tarde Patricia facía o terceiro cunha vaselina. Antes de chegar ao descanso, as laranxas puideron anotar o cuarto, pero o pau evitou o gol de Irene e Peque en dúas ocasións.
Na segunda metade, o Poio buscaba recortar distancias. As locais elaboraron unha serie de ocasións, primeiro probando Laura Uña, daquela Anna, e despois Dani Sousa, todas evitadas pola meta Jozi que estaba a frear todas as oportunidades. Con todo, tras tanta insistencia anotaría o segundo o Poio a través de Marta con asistencia de Laura Uña no 29, e tres minutos despois empataría o partido con gol de Laura Uña. Nos instantes finais os dous equipos ían ter ocasións para anotar, pero o partido acabaría outra vez en empate.
Ficha técnica
Poio Pescamar FS: Elena, Irene, Dani Sousa, Rocío Gómez y Laura Uña, -Cinco Inicial- Martita, Elena Aragón, Andrea Alvite, Agostina, Dupuy, Anna, Luci, Marta, y Sandra Buzón
.
CD Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Irene Samper y Cilene-Cinco Inicial- Masha, Jenny Patricia, Emilly y Evelina, Ester.
Goles: Min 4 Anna 1-0; Min 9 Irene Samper 1-1; Min 12 Emilly 1-2; Min 15 Patricia 1-3; Min 29 Marta 2-3, Min 32 Laura Uña 3-3
Equipo arbitral: David Álvarez Carril, Miguel Rodríguez Pontanilla , Andrea González Pontevedra. Cartón amarelo a Sandra Buzón.
Incidencias: Partido amigable disputado no pavillón A Seca





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


