O vindeiro 15-N cúmprense 78 anos da constitución en Montevideo do Consello de Galiza, integrado polos catro deputados galegos eleitos nas derradeiras eleccións republicanas que, por residir na Sudamérica, desfrutaban de liberdade de acción: Alfonso R. Castelao, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos e Ramón Suárez Picallo. O 28 de xuño de 1936 a cidadanía galega aprobara o seu Estatuto de Autonomía, cunha grandisima maioría, mais a rebelión militar e fascista do 18 de xullo impediu que o mesmo fose aprobado nas Cortes.. Xa que logo Galicia non constituira aínda as súas institucións autonómicas, mais si exercera inequívocamente o seu dereito a decidir. Velaí que fose ben decidido ( ademáis dunha xenialidade política de Castelao, seica suxerida polo lehendakari Agirre ) que os seus representantes parlamentarios constituisen ese Consello de Galiza, como representante fideicomisario da dupla vontade do pobo galego: a electoral expresada en febreiro de 1936 e a estatuínte, expresada plebiscitariamente en xuño de 1936.
Castelao foi elixido Presidente do Consello e investido de poderes plenos para a negociación cos Gobernos vasco e catalán no exilio dunha acción política común, no seo de Galeusca. Das resultas deste labor Castelao fixo parte como ministro do Goberno republicano no exilio de José Giral (abril 1946-marzo 1947), con sede en París. Un Goberno que recibiu importante axuda económica e política do goberno francés, que chegou pechar a fronteira co Estado español e debater unha acción armada que fose quen de restablecer a democracia republicana no Estado español. Mais Castelao non se integrou no Goberno republicano como home de partido, senón como representante do noso País, nomeado para o efecto polo Consello de Galiza.
Como resultado deste proceso a Constitución española de 1978 recoñeceu un acceso privilexiado á autonomía para as nacionalidades que plebiscitaran no pasado cadanseus Estatutos (Galicia, Euskadi e Catalunya), negociando cadanseu Estatuto dun xeito paccionado entre os parlamentarios galegos e os representantes da Comisión Constitucional do Congreso. No noso Estatuto, aprobado no 1981, proclámase Galicia como nacionalidade que se constitúe en Comunidade Autónoma para acceder ao seu autogoberno. É dicir, recoñécese a preexistencia nacional, histórica e política, da Galicia, a respecto da Constitución e do Estatuto.
Como depositario da vontade autonómica e electoral da cidadanía galega, tendo en conta os longos anos de interrupción democrática, longa noite de pedra e goberno franquista de feito, o Consello de Galiza foi o lexítimo representante do noso Pais. Xa que logo, é aquelado dicir que o seu Presidente Castelao foi o primeiro Presidente da Galicia.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



