Viveiro, 1 de decembro. O Concello de Viveiro informa de que o próximo luns, 5 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar o acendido das luces de Nadal no municipio. Ademais, continuando cos actos tradicionais destas datas, abrirase ao público o belén ‘Viveiro ante o berce’ no atrio da Igrexa de Santa María.
A actuación do Coro Infantil do CEP Lois Tobío amenizará estes actos, que tamén contarán este ano co tradicional chocolate con churros.
O belén ‘Viveiro ante o berce’ está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e a dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
“Dende o Concello de Viveiro animamos a toda a veciñanza e aos visitantes a que se acheguen ao noso municipio para desfrutar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir do luns co acendido da decoración”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Para pechar este día tan especial no que as rúas da vila destilan xa ilusión e se preparan para o Nadal, o Concello de Viveiro segue no camiño de normalizar a inclusión e de colaborar solidariamente con asociacións que traballan en pro da saúde mental e da inclusión coa celebración dunha gala de maxia solidaria.
Así, o Teatro Pastor Díaz acolle, a partir das 20.30 horas, a actuación que levan a cabo AMAM e Saúde Mental A Mariña na que interveñen cinco magos. O prezo da entrada é de 5 euros e todo o recadado será doado a apoiar á Asociación Saúde Mental A Mariña.
“Estamos moi contentos de poder colaborar con eles e agardamos que sexa una gala multitudinaria para así poder contribuír e darlles esa axuda que precisan para poder loitar por un mundo mellor e por un mundo máis inclusivo”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



