Lugo, 11 de outubro de 2023. Traballadoras e traballadores da limpeza de Lugo comezaron este mércores a quentar os motores de cara á folga indefinida que comezarán o vindeiro luns, 16 de outubro, en demanda dun convenio colectivo digno. Unha folga máis que xustificada pola falta de avances na negociación e a miserenta oferta presentada pola patronal, xa que suporía deixar as traballadoras na total precariedade.
Ao berro de “pouco salario para tanto traballo” ou “se non amañamos non limpamos”, o persoal protagonizou unha mobilización dende a casa do Concello de Lugo até a sede da CEL, onde denunciaron o bloqueo ao que a patronal, nomeadamente á asociación estatal ASPEL, ten sometida a negociación colectiva. Asunción Castiñeira, da CIG-Servizos, lembrou que dende a última xuntanza, o pasado 27 de xuño, a patronal nin respondeu á modificación da plataforma trasladada pola parte social nin concretou data para unha nova xuntanza da mesa.
Unha actuación que enmarca na estratexia do empresariado de dilatar a negociación indefinidamente co único obxectivo de sortear o pago das subas salariais dos anos previos. A este respecto, Castiñeira sinalou que as traballadoras levan cos soldos conxelados dende o ano 2021, cando venceu o convenio, e que hai categorías que xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional, polo que cualificou a actitude patronal de burla, xa que a oferta que puxeron enriba da mesa suporía deixar o convenio por debaixo do SMI.
ASPEL pide servizos mínimos do 100%
A falta de resposta da patronal e as súas manobras para manter na total precariedade ás traballadoras e traballadores do sector contrasta coa dilixencia que tivo ASPEL para dirixirse á Xunta de Galiza e solicitarlle que decrete uns servizos do 100% para a folga que comezará o 16 de outubro. Isto implicaría desvirtuar a convocatoria e deixar sen efecto o dereito fundamental á folga deste colectivo.
A representante da CIG rexeita esta petición por parte de ASPEL e chama a atención sobre a dobre vara coa que a patronal entende esta actividade: por unha banda néganse a recoñecer unhas condicións salariais e laborais dignas para as traballadoras e traballadores, paralizando a negociación do novo convenio e pretendo incluso recortar o pago da antigüidade; ao tempo que aluden á condición da limpeza como “servizo esencial á comunidade” para evitar que o persoal poida exercer o seu dereito á folga.
“Só somos un servizo esencial para o que lle interesa”, denuncia Castiñeira, subliñando que este é un sector altamente feminizado, precarizado e no que abundan as xornadas parciais. Por iso, tamén insta a administración galega a respectar o dereito fundamental das traballadoras e traballadores e decretar uns servizos mínimos xustos.
Concentración o luns 16
Para a primeira xornada de folga, ademais dos piquetes informativos, está convocada unha concentración ás 12 horas diante da sede da Confederación de Empresarios/as de Lugo. O paro afectará a todas as traballadoras e traballadores regulados polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais (unhas 1800 persoas) que prestan servizos en comunidades de propietarios, domicilios particulares, centros de saúde, residencias, centros de día, centros educativos, instalacións deportivas, museos, estacións de autobuses, bibliotecas, industrias de toda índole, almacéns loxísticos, supermercados, centros comerciais, oficinas bancarias ou dependencias policiais e de bombeiros.
Non está chamado á folga o persoal dos servizos limpeza do hospitais públicos, a universidade ou as dependencias da Xunta que teñen convenio propio, así como o persoal das empresas do sector que contan con convenio de seu.























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



