Santiago de Compostela, a 31 de xaneiro de 2024. A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 entidades e colectivos de diversos ámbitos, insta a todas as organizacións políticas que aspiran a gobernar a Xunta de Galiza e que se presentan as eleccións do vindeiro 18 de febreiro a que promovan e aposten por un modelo enerxético alternativo para o país. Con este obxecto, “Eólica Así Non” traslada ás formacións candidatas o decálogo de conclusións extraídas nas xornadas “Temos Alternativa”, celebradas o ano pasado en Pontevedra,f e promovidas pola Coordinadora, co ánimo de consensuar entre os sectores organizados da sociedade uns principios sobre os que asentar o modelo enerxético alternativo para Galiza. Nestas xornadas participaron diversos sectores no ámbito do ecoloxismo, do sindicalismo, dos montes veciñais, das plataformas veciñais de afectados, da universidade, etc., que achegaron diversas suxestións de cambio para a construción da alternativa, sendo recompiladas no decálogo aquelas que acadaron unha maior unanimidade e aceptación.
Desde a Coordinadora ínstase ás formacións políticas candidatas á Xunta a que introduzan nos seus discursos e debates de campaña a cuestión enerxética e a súa proposta de desenvolvemento para as enerxías renovábeis no país. “Eólica Así Non” tamén apela aos galegos e galegas a aproveitar esta oportunidade para favorecer dunha vez por toda un goberno na Xunta “que nos protexa fronte os abusos do capital, que nos faga partícipes do deseño da alternativa enerxética, que sexa escrupuloso no cumprimento das normas ambientais, e que traballe polo interese xeral do país, e non para os intereses privados das empresas enerxéticas”.
O movemento Eólica Así Non lembra que logo de tres anos ininterrompidos de mobilizacións masivas, centos de denuncias contra os abusos e os danos da invasión eólica, e dun incesante clamor social polo cambio de modelo enerxético, nin o goberno de Núñez Feijóo, nin o goberno de Alfonso Rueda, atenderon ao noso chamado. Ao contrario, rexeitaron por completo todas as nosas reivindicacións, nas que se incluía a moratoria de todos os proxectos eólicos en tramitación mentres non houbese unha adecuada planificación, a derrogación das leis de depredación, ou o estrito cumprimento das normativas vixentes en materia de acceso e participación pública e avaliación ambiental. Aínda non satisfeita, a Xunta do Partido Popular da última lexislatura instensificou a súa ofensiva contra as comunidades afectadas pola enxurrada de polígonos eólicos, recortou aínda máis dereitos sociais e as garantías ambientais dos proxectos, dificultou o acceso á información, e impuxo normas “golpistas” que deixan absolutamente indefenso o pobo galego fronte a explotación e abuso do lobby enerxético e das empresas que especulan co noso territorio, coas que está absolutamente alineada.
A Coordinadora Eólica Así Non lembra que a Xunta do PP vén de entregar o país ao capital máis depredador coa declaración dos proxectos eólicos de “interese público superior”. Mais tamén, dirixe as súas críticas ao goberno de Sánchez por anular a avaliación de impacto ambiental dos procedementos de autorización de parques eólicos a golpe de “decretazo” ou impoñer a eólica mariña no mar de Galiza sen avaliar adecuadamente o seu impacto na pesca e sobre biodiversidade mariña.
Decálogo para a construción dunha alternativa enerxética
Un modelo enerxético para Galiza pasa, entre outros requirimentos, por unha planificación enerxética ao servizo do país, que atenda a criterios de carácter ambiental e social, que aposte pola preservación do medio ambiente e a ampliación da Rede Natura, que prime o aforro e a eficiencia sobre a xeración eléctrica, que permita a intervención pública na produción e distribución da enerxía ou que recupere a participación libre e democrática do pobo na toma de decisións sobre o aproveitamento dos nosos recursos. Estes son algúns dos principios e solucións recollidas no decálogo “Temos Alternativa” para a construción dun novo modelo enerxético para Galiza, que acompañamos neste comunicado.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



