Un vello dito inglês di que a saúde é a prosperidade (health is wealth). Mesmo outro moi semellante di que termos boa saúde é máis importante ca a propia riqueza (good health is above wealth). Mais a saúde pública, a sanidade pública (a única universal e viábel na Europa) precisa de recursos. Non hai nin pode haber sanidade pública sen un orzamento ben planificado e abastado.
Por segunda vez en 15 días a sociedade civil galega encheu a Praza Maior da Nación, a Praza do Obradoiro. Convocadas pola plataforma Sos Sanidade Pública (ben antes da disolución parlamentaria decretada por Rueda o 26 de decembro último), moitos milleiros de persoas percorreron o centro da capital galega reclamando o noso dereito á saúde, reclamando restaurarmos unha sanidade pública galega propia do século XXI e do nível de modernización da nossa economia e sociedade.
Arrepía botarlle unha ollada aos números que denunciou este domingo 4-F Sos Sanidade Pública. Nestes 15 anos de goberno do PP a asistencia primaria ficou tan deteriorada como para que a situación poida ser irreversíbel de non se adoptar medidas axiña. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que un mínimo do 25% do investimento sanitario público sexa dedicado á primaria. Pois ben, a Xunta de Rueda só dedica o 11,79%, menos da metade recomendada! Máis aínda. Galicia é o segundo territorio do Estado-despois de Madrid- que menos inviste na primaria. Velaí que esta gravísima e sostida retallada , canda as xubilacións de persoal sanitario non repostas, xeren cada vez máis bloqueos periódicos nas urxencias hospitalarias, canda graves demoras nas listas dr agarda que xa están incrementando dados de mortalidade evitábel.
Nestes anos incrementouse a participación nos recursos públicos dunha sanidade privada, que antes estaba alicerzada en grupos de capital local con prevalencia de profesionais médicos (o modelo que aínda subsiste en boa medida na sanidade privada catalá). Mais agora xa son fondos multinacionais que fan o posíbel por facer da saúde (e dos servizos sociais e da dependencia) o seu negocio. Xa un 20% de galegos conta cun seguro privado de saúde que, porén, tende tamén a excluir ás persoas que por idade ou doenzas previas ou sobrevidas non lle interesan ás súas contas de resultados. Velaí que nestas circunstancias a colaboración público-privada que podería ser razoábel mesmo no 2000-2005 constitúa arestora unha proposta desaquelada e agresiva para o dereito á saúde.
Un apuntamento especial esixe a malfadada situación da saúde mental na Galicia. O Movemento Galego de Saúde Mental denuncia que nunca houbo na historia sanitaria recente deste país unha desorganización tan ampla e grave como existe na actualidade. A prevalencia das doenzas mentais na rede primaria mudou dun 12% no 2011 a un 34,5% no 2021 e xa somos o segundo territorio do Estado no uso de ansiolíticos e antipsicóticos e o terceiro no uso de hipnóticos e sedantes. Unha sobreprescrición que atinxe nomeadamente ás mulleres.
Por segunda vez en 15 días os axentes sociais deste País fixeron a diagnose e sinalaron o camiño. A diagnose coincide en ambos os dous casos na falla de capacidade e mesmo de interese por parte da Xunta do PP para amañar estas desfeitas. O camiño para a remuda no Goberno será decisión dunha cidadania na que semellan xurdir pulsións de cambio.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



