Xove, 1 de decembro, 2025. O Concello de Xove informa do gran éxito das xornadas arqueolóxicas celebradas esta fin de semana, centradas na presentación dos resultados da escavación realizada en setembro na área de San Tirso de Portocelo.
Os traballos, cofinanciados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, consistiron na escavación da zona do castro e na conservación para a súa futura musealización da segunda sondaxe descuberta en 2020. Este proxecto converte San Tirso no segundo castro costeiro musealizado da provincia de Lugo.
Venres 28 de novembro: exposición no Centro Cívico
• Apertura a cargo do alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa.
• Intervención da socióloga municipal, Lucía Sánchez Meitín, quen explicou a estratexia de divulgación e o traballo pedagóxico desenvolvido desde 2020 en colaboración co CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.
• Presentación principal do arqueólogo director da escavación, David Fernández Abella, que compartiu os resultados da campaña 2025.
Entre os achados máis destacados:
• Ocupación antiga do castro no século I d.C., abandono durante dous séculos e reocupación a finais do III.
• Segunda ocupación prolongada ata mediados do V, nun período turbulento da historia de Gallaecia e do Imperio romano.
• Enigmas por resolver: gran número de muíños de man nun espazo reducido e a aparición dunha tumba dentro dun recinto habitacional.
A xornada concluíu cun animado debate e intercambio de preguntas entre público e especialistas.
Sábado 29 de novembro: visita guiada
O arqueólogo director acompañou aos asistentes nun percorrido polo castro de San Tirso, explicando in situ os descubrimentos e hipóteses expostas o día anterior.
As xornadas arqueolóxicas de Xove consolidan San Tirso de Portocelo como un referente patrimonial e científico na provincia de Lugo, reforzando o vínculo entre investigación, divulgación e participación cidadá.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



