Cervo, 12 de xaneiro, 2026. D’Fabric confirmou unha nova data dentro do seu ciclo “Directos D’FABRIC” coa actuación de Correcaminos Rock & Roll Band, unha banda de Pamplona recoñecida polo seu enérxico directo e polo seu rock & roll de raíces.
O evento celebrarase o sábado 24 de xaneiro de 2026. O concerto comezará ás 23:30 h e a apertura de portas está prevista para as 23:00 h.
Correcaminos Rock & Roll Band é un proxecto con traxectoria, integrado polos irmáns Gómez (Víctor, José Antonio e Rubén) xunto con Adolfo García á batería. A formación combina actitude, guitarras e un repertorio pensado para a sala e para a estrada.
«En D’Fabric queremos que cada concerto sexa unha experiencia: intimidade, poder e un público que a viva de verdade. Correcaminos é exactamente iso», sinala D’Fabric Management.
Os irmáns Gómez residiron en Burela durante a súa mocidade, un dato que engade un vínculo especial coa comarca.
Información práctica
• Evento: Correcaminos Rock & Roll Band en “Directos D’FABRIC”
• Data: sábado, 24/01/2026
• Hora: 23:30 h
• Lugar: Sala D’Fabric, San Cibrao
• Entradas: dispoñibles en liña a través de Eventbrite (buscar “Correcaminos Rock Band en D’FABRIC Live”).
Acerca de D’Fabric
D’Fabric promove o ciclo “Directos D’FABRIC”, cunha programación centrada en concertos íntimos e de alta intensidade, comprometida con propostas con identidade propia e cun público fiel.
Acerca de Correcaminos Rock & Roll Band
Banda de rock & roll nada en Pamplona, con discografía propia e un directo potente, recoñecida pola súa enerxía e polo seu estilo de estrada.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



