Nota de prensa:
O CONSELLO DA XUNTA APROBA O DECRETO POLO QUE SE ACEPTA A CESIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO E DOCUMENTAL DE ISAAC DÍAZ PARDO PARA O SEU USO NA BIBLIOTECA E O ARQUIVO DE GALICIA
– A Consellería de Cultura e Turismo será a beneficiaria da cesión, en réxime de comodato e cunha duración de sesenta anos, co fin de promover o estudo do fondo bibliográfico e documental, fomentar, difundir e estender o coñecemento xeral do patrimonio cultural galego e a formación de investigadores.
O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto polo que se acepta a cesión en réxime de comodato do fondo bibliográfico e documental de Isaac Díaz Pardo co obxecto de que a Consellería de Cultura e Turismo os utilice na Biblioteca e no Arquivo de
Galicia. O comodato e terá unha duración de 60 anos co fin de promover o estudo do fondo bibliográfico e documental, fomentar, difundir e estender o coñecemento xeral do patrimonio cultural galego e a formación de investigadores. A Consellería de Facenda, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.
O fondo bibliográfico e documental de Isaac Díaz Pardo é de interese para a Consellería de Cultura e Turismo, xa que contén numerosos e importantes fondos bibliográficos e novos e valiosos fondos documentais que constitúen unha achega cultural de incalculable valor para a sociedade galega en xeral e para a Biblioteca de Galicia en particular, á cal lle corresponde velar pola conservación e difusión do patrimonio bibliográfico de Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo difundirá de maneira permanente e mediante as canles habituais a composición do fondo bibliográfico e documental, así como os requisitos e facilidades para acceder a el por parte de estudosos e investigadores.
Entre os bens que comprende o comodato destaca un fondo bibliográfico aproximado duns 16.000 exemplares, conformado a base de bibliotecas específicas de homes e institucións da cultura galega tan importantes como o propio Isaac Díaz Pardo, que reuniu unha biblioteca persoal duns 3.000 volumes; Manuel Díaz Rozas, inspector de ensino e membro moi activo do Seminario de Estudos Galegos, cunha colección próxima aos 3.000 volumes; Lorenzo Varela, intelectual comprometido, crítico de arte e creador dun iterario que achega un epistolario dunhas 200 cartas e uns 100 libros; o Instituto Galego de Información, empresa xornalística creada en Santiago de Compostela en 1977 por exiliados galegos en América, en especial por Lorenzo Varela co patrocinio de Díaz Pardo e que achega material das exposicións, congresos, actas de reunións e un arquivo fotográfico de máis de 3.000 unidades; a Fábrica de Sargadelos, empresa ceramista de recoñecido prestixio creada por Díaz Pardo a comezos da década de 1960, cun arquivo fotográfico aproximado ás 3.000 unidades; o Seminario de Sargadelos e o Laboratorio de Formas, impulsados polo propio Isaac Díaz Pardo xunto con Luís Seoane, con cerca de 1.000 folios de documentación; o Seminario de Estudos Galegos, institución cultural creada polos intelectuais galeguistas na década de 1920 para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego, cunha biblioteca duns 2.000 volumes e unidades de documentación variada; Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac, escenógrafo recoñecido, deseñador, ilustrador, cartelista, muralista, pintor e impresor destacado en Galicia ata o seu fusilamento en 1936. Cómpre destacar, asemade, a colección de Edicións do Castro que reúne 1.400 libros das máis diversas materias.
O comodato inclúe tamén importantes coleccións completas como a Revista Ibérica por la libertad, fundada por Victoria Kent en Nova York en 1953, ou 170 libros da prestixiosa editorial Ruedo Ibérico, creada en 1961 en París por cinco refuxiados políticos españois e que realizou o seu labor divulgador, proscrita en España ata a súa desaparición en 1982. Tamén destacan publicacións galegas máis modernas pero fundamentais na recuperación dos estudos sobre Galicia e o galego como as revistas Grial ou Verba.
Ademais, merecen tamén mención específica unha serie de coleccións ligadas a persoeiros destacados da cultura galega que abranguen unha variada tipoloxía de materiais singulares cun moi importante valor. Entre estes fondos destacan o de Camilo
Díaz Baliño, composto por unhas 200 fotografías, epistolario dunhas 100 cartas, 50 debuxos e relatos orixinais, 10 álbums escenográficos da súa actividade en América e duns 50 documentos persoais; o de Isaac Díaz Pardo, formado por unhas 3.000
fotografías, epistolario dunhas 3.000 cartas e un moi numeroso número de artigos, colaboracións literarias e xornalísticas, relatos e debuxos orixinais, así como documentación persoal con cerca de 5.000 referencias; o de Rafael Dieste, conformado
por un epistolario dunhas 400 cartas con Díaz Pardo, obxectos artísticos, documentos e biblioteca persoal; o de Luís Seoane e Maruxa Seoane provisto de 500 cartas con Díaz Pardo, 100 textos orixinais, 150 bosquexos, 2.000 referencias de colaboracións en
prensa, unhas 1.000 fotografías e 500 libros; o do Consello da Galiza, composto por 15 carpetas con material sobre as actividades desenvolvidas por este organismo creado en Montevideo polos deputados republicanos galegos en 1944. Cómpre destacar outros fondos, como o de Eugenio Granell, con 100 fotografías e 5 debuxos, o de Tomás Barros, cun grupo de fotografías, epistolario con Díaz Pardo e referencias de colaboracións en xornais e revistas, o de Arturo Cuadrado, composto por fotografías, epistolario con Díaz Pardo, colaboracións en xornais e revistas e textos inéditos, o de Valentín Paz Andrade, cun epistolario de 600 cartas, escritos inéditos e libros sobre a súa persoa, e o fondo de Chamoso Lamas, que integra revistas, libros, folletos, fotografías e materiais varios relacionados coa súa actividade profesional arredor da conservación do patrimonio cultural. Tamén son destacables algúns títulos de obras singulares como a revista España Libre, órgano das sociedades hispanas dos EEUU e que actuou de foro de debate ideolóxico entre os distintos grupos políticos do exilio. Outras obras da biblioteca de Díaz Pardo destacan pola súa rareza ou tiraxe limitada, pola súa especial autoría editorial, pola importancia da información ofrecida ou polo momento histórico en que foron realizadas e publicadas.
Un persoeiro clave na historia de Galicia
Isaac Díaz Pardo nace en Santiago de Compostela en 1920, fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz. O artista participou desde mozo en manifestacións culturais e políticas, entre elas a campaña a favor do Estatuto de autonomía de Galicia. En 1939 matricúlase na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando en Madrid, na cal se licenciaría en Debuxo e Pintura aprobando os catro cursos en dous anos. Neste ano realiza a súa primeira exposición na Asociación de Artistas da Coruña. En 1941 é seleccionado para participar na primeira experiencia de deseño industrial de España na Escola de Palma. En 1942 participa nun congreso de arte en Italia e ao seu regreso exerce como profesor auxiliar na Escola de Belas Artes de San Jordi de Barcelona. Nos anos 40 expón na Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e Londres. En 1963 crea con Luís Seoane o Laboratorio de Formas de Galicia e Edicións do Castro e ao ano seguinte crea a Sociedade Sargadelos Lda. Entre 1972 e 1978 inaugúranse as Galerías Sargadelos de Barcelona, Madrid e Santiago. En 1977 constitúese o Instituto Galego de Información e en 1979 o Novo Seminario de Estudos Galegos.
Entre outras moitas, Isaac Díaz Pardo recibiu as distincións do Pedrón de Ouro (1976), Medalla de Ouro e Fillo Predilecto de Santiago (1988), Premio Otero Pedrayo (1990), Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago (1992), Premio Celanova, Casa dos Poetas (1997), Premio Fernández Latorre (1999), Arquitecto de Honra (2001), Premio Ramón Piñeiro (2002), Premio das Artes e das Letras da Xunta de Galicia (2003), Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña (2007), Medalla de Ouro ao mérito no
Traballo (2007) e Medalla de Ouro ao Mérito de Belas Artes que concede o Ministerio de Cultura (2009).





















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



