Pucela en el punto de mira
O Burela Pescados Rubén desprázase a Valladolid para disputar a vixésimo cuarta xornada da Primeira División e conquistar unha nova vitoria que lle permita seguir soñando co título ligueiro. O duelo dispútase o sábado día 6, ás 20.00 horas, no pavillón Lalo García, escenario dun enfrontamento clásico pero con obxectivos dispares en ambas escuadras. O Valladolid perdeu fai tempo as súas aspiracións ligueiras e afronta a recta final de Liga sen maior ambición que a conquista dunha boa praza para a Copa. Pola súa banda, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro quere reafirmarse unha vez máis como serio opositor ao campionato nacional. O técnico burelés poderá contar co seu persoal ao completo para un duelo que se presume complicado e de máxima intensidade.