‘Pensamento e sementeira’ é a nova agrupación socio-cultural que bota a andar na comarca, concretamente en Viveiro. As súas liñas de actuación serán: a defensa da nosa lingua e cultura, a recuperación da historia, o coñecemento e valorización do noso patrimonio, a difusión doutras realidades do Estado, do mundo árabe, latinoamericano… Para iso organizarán debates, charlas informativas, proxeccións ou viaxes. A súa primeira actividade será un acto informativo sobre a actual situación financeira (desafiuzamentos, estafas bancarias…) que terá lugar nos vindeiros días e que servirá de acto de presentación pública desta nova asociación.
Pensamento e sementeira, novo colectivo
Pensamento e sementeira, novo colectivo
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba