O PP de Mondoñedo, porá en coñecemento do Consello de Contas o que parece ser unha actuación en fraude de lei por parte do Sr. alcalde e do equipo de goberno dado que se prorroga o contrato coa persoa que está a facer a contabilidade no concello, sen ser posible tal prórroga, evitando o proceso de selección que en réxime de igualdade de oportunidades que lle permite a todo o mundo optar a este contrato de traballo.
Di o PP que no seu momento xustificou esta prórroga indicando que era a persoa máis indicada porque estaba “familiarizada” coa contabilidade local, o que o PP respondeu que os mindonienses con capacidades para este posto tamén estarían encantados de ter a posibilidade de familiarizarse.
Os populares aseguran que as bases do proceso de selección no seu momento, establecían, con total claridade que a duración do contrato sería ata o 31 de decembro do 2012, pero acadada esa data, por RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA prorrogase ese contrato.
“Non existindo nin consignación orzamentaria para este posto, nin garantida a financiación externa, porque compre recordar que é a Xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo, de data 5 de abril de 2013, a que aproba este convenio, demostra un total oscurantismo na tramitación e vulneración legal na prórroga.
Os populares aseguran que a actualización da contabilidade non está exenta de polémica dende a entrada no goberno do Sr. Orlando e o seu socio, que levan dilapidado moito diñeiro publico e ainda non están as contas actualizadas.
“ Inicialmente cunha empresa de Ourense que inverteron máis de 42000 euros, a continuación outra empresa, que se non fallan as informacións, é da Fonsagrada e que facturaba mensualmente cantidades económicas ao Concello de Mondoñedo, tamén por traballos de actualización contable; no ano 2012 a Deputación invertíu neste fin 31000 euros e agora outro convenio por igual importe.
Conclúe o PP manifestando que se empregou moito diñeiro público nunha tarefa que na totalidade dos concellos asumen cos recursos humanos propios e nun momento de apuro, piden auxilio a Deputación (tarefa que está dentro das súas competencias, auxilio económico, técnico e xurídico aos concellos, fundamentalmente os de menos de 20000 habitantes) que envía persoal para colaborar nas tarefas.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



