Más de 150 persoas asistiron na tarde de onte, domingo 7 de abril, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ao concerto de bandurria e guitarra da formación musical Rosas, que interpretou música popular galega e tamén boleros. A actuación tivo unha grande acollida entre o público. O acto foi organizado pola Concellería de Cultura de Barreiros para celebrar o día do libro.
