Nos tres primeiros veráns dos anos 70 celebráronse en Foz senllas edicións da “Feira do Arte Popular Galego”, mostra de artesanía pioneira, pois ofrecía a novidade dos artesáns traballando á vista do público, ata entón algo inédito: alfareiros, zoqueiros, cesteiros, palilleiras, artesáns do coiro, da forxa e demais, nun certame que, de continuarse, significaría para a vila a primacía nunha faceta que tempo despois adquiriu relevancia e que hoxe da nome e prestixio a outras localidades. Tal feito é para nós só historia; pero moitas veces esta reflicte a indolencia, a apatía, cando non consideracións de tipo persoal, que botan por terra iniciativas positivas para a colectividade. Naquelas feiras hai que buscar a orixe de O Feitizo (9. 04. 78) de ámbito comarcal. As exposicións de pintura que se ofrecían eran un dos apartados mais atractivos, e alí colgaron a obra por vez primeira nomes hoxe coñecidos do mundo da arte que ata entón permanecían no anonimato. A feira lograra nas tres edicións un sinalado éxito e tiveran un grande eco mediático, sobre todo polo que tiña de orixinal, de novo. Inevitablemente desapareceu, pero deixara nalgún sector o desexo de continuar dalgunha maneira a experiencia. E o grupo das artes plásticas, espallado pola bisbarra, seguiu celebrando tertulias domingueiras en Foz e aí xurdiu a idea de crear unha asociación de amigos das artes para promocionalas, sobre todo entre os xoves, organizando actividades, e a un tempo dando a coñecer os traballos dos integrantes do grupo, a través da mostra permanente en céntrico local e promovendo cursiños para neófitos e mostras e exposicións en distintas vilas da zona. Era 1978. Ó pouco accedía á presidencia Vicente Sempere que realizou un gran labor, cun traballo e unha entrega admirables e o colectivo, que nacera para atender con preferencia as facetas das artes plásticas, e cuxos estatutos prevían o posible de abarcar a outras ramas, dirixe a mesma á danza e á música da terra, o que hoxe fai con exitosa dedicación; desexamos que celebren as Vodas de Ouro. Quen tivemos que ver coa iniciativa, 35 anos despois a lembramos con nostalxia. Parabéns.
Suso Fernández

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



