Cervo, 9 de marzo de 2013-O Concello de Cervo quixo lembrar hoxe que a sección sobre asuntos eléctricos, situada na oficina ao consumidor de Cervo, segue aberta na Casa Consistorial. Unha sección específica na que se resolven todas as dúbidas dos cervenses en relación aos problemas coas compañías eléctricas e se tramitan as reclamacións dos usuarios que así o demandan. Un servizo público que se habilitou o pasado mes de outubro de 2012 e que xurdiu a raíz dunha reunión convocada polo Concello para axudar aos consumidores que tivesen conflitos coas eléctricas.
Dende entón e ata o día de hoxe, medio ano despois, pasaron por esta oficina específica cinco usuarios que presentaron un total sete reclamacións por distintas deficiencias, das cales o 90% foron solucionadas satisfactoriamente mentres o resto está en proceso de tramitación. “Atendemos a estas demandas porque foron as que recibimos nesta oficina, pero temos capacidade para tramitar todas as que precisen presentar os veciños” explica a edil.
Pedreira explicou que “durante a reunión organizada no mes de outubro polo Concello, coñecemos de preto a problemática que existía ao redor das eléctricas e ofrecemos a posibilidade de habilitar esta sección eléctrica na oficina ao consumidor de Cervo, unha iniciativa que foi ben acollida polo público asistente”. Así, ao día seguinte tras aquela xuntanza, “puxemos ao dispor dos usuarios esta sección de asesoramento eléctrico” engade Pedreira.
A edil quere deixar moi claro que se trata dun “servizo público que só busca o ben común axudando á veciñanza que se atopa indefensa ante as eléctricas”. Así, para Pedreira é moi importante que os consumidores que precisen asesoramento recorran a esta sección financiada con fondos municipais: “Estamos ofrecendo un servizo asumido con cartos públicos e, para aproveitar eses fondos, é indispensable que toda a cidadanía afectada acuda a esta oficina, creada para axudar aos consumidores e defender os seus dereitos”.
Ao mesmo tempo, a delegada de Facenda recoméndalle á cidadanía que “desconfíe dalgún membro dalgunha entidade que, baixo a máscara da defensa dos consumidores agocha os seus intereses privados, económicos e laborais”. Pedreira considera que “a forma máis segura de reclamar uns dereitos e de obter asesoramento imparcial é acudindo ás administracións públicas que ofrezan esa posibilidade, como é o Caso do Concello de Cervo”.
Para rematar, a edil convida a todos os cervenses que teñan problemas coas compañías eléctricas a “que se acheguen ata a Casa Consistorial, onde os atenderá persoal do Concello con coñecementos nesta materia e que está en contacto permanente coa Consellería de Industria para resolver o máis eficaz e axilmente posible as súas dúbidas ou demandas”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



