Foz, 12 de abril de 2013. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a Feira de abril gastronómica, evento que se vai desenvolver os días 19 e 20 deste mes, venres e sábado, en 16 establecementos de hostalería focenses.
Os locais participantes nesta iniciativa de Acia Foz ofrecerán aos seus clientes unha ampla variedade de pinchos, tapas, aperitivos e racións elaborados con produtos típicos da gastronomía andaluza a prezos populares, “peixe frito e rebozado, gambas ou xamón, entre outras suxerencias”, explican desde Acia Foz.
A Feira de abril gastronómica de Foz celebrarase nos seguintes establecementos: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Hotel Resturante Leytón, Namarinos, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar y Restaurante Portochico.
Esta cita terá lugar uns días antes da cea de conmemoración do 25 aniversario da creación da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz que terá lugar o vindeiro 25 de abril. Nesa xornada entregaranse os galardóns aos gañadores da ruta de tapas e ao día seguinte, o 26 de abril, sortearanse os premios entre aquelas persoas que fixeron a ruta dos viños.
Ademais o 22 de abril presentarase a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se desenvolverá desde esa xornada ata o 3 de maio. Dita campaña está organizada pola Federación Galega de Comercio e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



