A concelleira de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Ana Martínez, un técnico da Xunta de Galicia, e un representante do establecemento elixido como mellor praceiro na pasada edición desta campaña, como encargado de extraer as papeletas agraciadas, estiveron presentes no primeiro sorteo de cheques de compra da campaña “Elixe ao mellor praceiro/a” celebrado este venres 12 de abril na que os clientes que realizaron as súas compras nos últimos días no mercado ribadense recibiron cupóns para optar aos premios que se puxeron en xogo hoxe. O cheque de compra por valor de 75 euros para gastar na praza de abastos de Ribadeo foi para Lía Rodríguez González; o cheque de 50 euros vaino disfrutar Celsa Rodríguez Viamonte e o de 25 euros foi para María del Carmen Posada Rodríguez. O seguinte sorteo da campaña “Elixe ao mellor praceiro/a” será o vindeiro 3 de maio.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



