Foz, 12 de abril de 2013. O acto de protesta que houbo onte á noite no salón de sesións do Concello de Foz mentres se celebraba o pleno da corporación municipal foi cualificado como “moi grave e antidemocrático” polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen considera que foi promovido por unha plataforma “politizada”. Ademais criticou aos protagonistas do incidente por non quedarse para escoitar o debate da moción presentada polo Partido Popular para solicitar melloras nos servizos do Hospital da Costa, iniciativa que non foi aprobada porque os grupos de oposición votaron en contra.
O rexedor municipal explicou que no pleno de onte “debateuse unha moción do Partido Popular, que creemos que é interesantísima, con respecto á situación do Hospital da Costa creada pola área sanitaria integrada única na provincia. Quixemos aclarar perfectamente o que implica esta integración, que para nada supón ningunha perda de servizos no hospital. Ao contrario, cremos que como no resto de áreas sanitarias integradas das demais provincias, como son os casos de Ourense, Pontevedra e Coruña, a maior parte dos hospitais comarcais que dependen dos xerais conseguiron aumentar servizos ao desprazar profesionais e facultativos dos centros que máis teñen para os comarcais, entre outras vantaxes”.
“Nós o que propoñemos é unha claro compromiso do Partido Popular de Foz de que vamos loitar para que non haxa nin unha soa perda de servizos no Hospital da Costa, senón ao contrario: que se implanten máis servizos dentro desa área sanitaria integrada e por suposto un compromiso absoluto para a ampliación do Hospital da Costa”, manifestou Javier Castiñeira, quen engadiu que “este é o momento da ampliación porque sabemos que, unha vez rematado o hospital de Lugo e rematada practicamente a ampliación do Juan Canalejo e o novo hospital de Vigo, esta é a lexislatura do Hospital da Costa, de Burela. Así o fixo constar o presidente da Xunta de Galicia e o Consello da Xunta e ese é o compromiso que ten con nosoutros, cos alcaldes da Mariña. E ese plan director que se vai contratar nos vindeiros meses é o principal compromiso de que o Hospital da Costa vai mellorar os seus servizos”.
Para o alcalde focense “a pena foi que esta plataforma politizada, posto que aqueles que apareceron no pleno con esas pancartas son moitos militantes do Bloque e da CIG, veu meterse nunha sesión plenaria onde estaban os representantes de todos os veciños de Foz. Paréceme un feito moi grave e totalmente antidemocrático por parte desta xente, que está politizada e nin eran de Foz e entón non sei que facían no pleno da corporación focense. É o que está pasando hoxe en día na sociedade, que toda esta serie de plataformas e asociacións que din representar a uns colectivos eu creo que non están representando a opinión da maioría dos cidadáns. E neste caso teño que lamentar esa presenza desta plataforma, que ao único que foron alí foi a facer unha foto sen importarlles o que se debatía porque nin esperaron a que se tratara a moción sobre o hospital, o que me parece bastante vergonzoso. Viñeron, sacaron unha foto, romperon o pleno e nin se interesaron polo que se falou, que foi precisamente diso: de ampliar os servizos do Hospital da Costa, do compromiso claro do Partido Popular para amplialo, que o alcalde de Foz estaría en contra de calquera desprazamento dun veciño da Mariña a Lugo como consecuencia da integración se ese fora o caso, o cal non é, como así o constataron os directivos do Sergas”.
Esa moción presentada polo Partido Popular non foi aprobada porque os grupos da oposición votaron en contra “a pesar de que contemplaba melloras nos servizos sanitarios e a ampliación do Hospital da Costa”, comentou Castiñeira.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



