Lugo 10 de outubro de 2013. Fai poucos días, Núñez Feijoo facía unhas declaracións nas que se autoproclamaba como “salvador” do sector leiteiro galego, facéndose responsable de que os produtores/as lácteos estean recibindo unha melloría no prezo.
É certo que o prezo do leite que reciben os/as produtores/as galegos/as tivo un incremento significativo nos últimos meses, cousa que, desde FRUGA, acollemos con satisfacción e agardamos que teña continuidade no tempo. Pero tamén pensamos que, en ningún caso, esta suba é consecuencia da política que leva a cabo a Xunta de Galiza, senón que se debe a causas conxunturais, principalmente á baixada de produción dos países
exportadores e da súa influencia nos mercados internacionais.
Feijóo incluso chegou a afirmar que esta suba obedece ao traballo que leva realizado a propia Xunta fomentando o dialogo e entendemento entre a industria e o sector produtor, pois ben, iso é rotundamente falso, non existe negociación algunha, a mesa do leite non se está convocando e non hai unha aposta da Xunta para a creación da tan necesaria interprofesional láctea galega, que é o organismo que debera velar polo mantemento dun equilibrio no mercado lácteo.
De feito, a política do Partido Popular é contraria aos intereses do sector leiteiro galego tal e como se ve na conxelación que a propia Xunta fixo co Banco de Terra de Galiza (BANTEGAL) e do Contrato de Explotación Sustentable (CES). Núñez Feijoo gábase de que foi el quen aprobou a primeira Lei de Montes de Galiza, pero hai que ter en conta que se trata dunha norma que fora iniciada polo BNG durante o goberno bipartito e que contaba cun grande consenso, e que, coa chegada á Xunta do PP, esta Lei foi modificada, deixou de ter o consenso que tiña e pasou a perxudicar ao sector agrario galego, introducindo medidas tan polémicas como o levantamento da prohibición de forestar terras agrarias.
Tamén, Feijóo afirma que axilizou o pago das axudas da PAC, mais a realidade é todo o contrario para un gran número de explotacións gandeiras galegas. Moitas delas están recibindo a notificación de que este ano non van poder recibir o adianto das axudas da PAC, cousa que é moi importante para as granxas que teñen agora que facerlle fronte ao custo da recollida do millo, porque se teñen detectado algún tipo de incidencia coa Axencia Tributaria, cando tales incidencias non existen, senón que obedece á falta de rigor e dilixencia da propia Axencia Tributaria, transmitindo información falsa ou incorrecta á Xunta de Galiza. A miores esto agrávase con aque a Xunta fixo esta consulta moi tarde e non da tempo a corrixir estes erros causados pola Axencia Tributaria.
Outros contratempos con este adianto das axudas da PAC que temos detectado desde FRUGA é que, a causa da privatización das inspeccións de superficies, están sendo moi lentas, o que provoca a ralentización dos expedientes, poñendo en risco que moitas granxas galegas queden sen percibir o propio adianto.
Desde FRUGA parécenos que con este tipo de anuncios, Núñez Feijóo, pretende primeiramente mofarse das persoas que día a día traballan a reo para sacar adiante ás súas gandeirías e en segundo lugar insiste en pór pedras no camiño para un normal funcionamento das granxas galegas.




















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



