Ribadeo, 17 de xuño de 2015. Segue o programa Ribadeo medra contigo do Concello co segundo módulo destinado a empresas e emprendemento, que terá lugar do 22 ao 29 de xuño.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o entorno 2.0 dixital actual marca unha nova realidade e necesidade que as empresas teñen que integrar e adaptar; estar presente na rede, a interrelacións cos clientes a través das redes sociais é unha nova forma de intercomunicación cos usuarios reais e potenciais. Para elo presentamos o curso de Marketing, Social Media e Web, que nos axudará a realizar o plan de marketing da nosa entidade, achegáranos a novos modelos de comercialización online e fidelización do cliente, á web, e a outros recursos 2.0 que está a noso alcance e nos poden axudar ao posicionamiento e rendabilidade do noso negocio”.
O curso irá acompañado de asesoramento individualizado e desenvolvérase os días 22, 23, 24 e 29 de xuño en horario de 14 a 16 horas e 20 a 22 horas cada sesión. Serán un total de 16 horas. As persoas interesadas en acudir poden conseguir máis información contactando coa ADL do Concello: adl@ribadeo.org.
Microtalleres
Ademais en breve terán lugar dous microtalleres para o desenvolvemento do sector primario: “o obradoiro para a elaboración de xabróns e produtos de baño, que nos axudará a recuperar a maneira tradicional de elaborar certos produtos evitando produtos sintéticos e reutilizando o aceite que temos na casa ou empregando produtos presentes na natureza: cera, herbas como o tomillo ou romero. Será o 27 de xuño de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. E o domingo, 28 de xuño, de 10 a 14 horas, terá lugar un obradoiro de cosmética natural. Será entre as dez da mañá e as dúas da tarde”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



