Ribadeo, 19 de agosto de 2015.- A décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que organiza a asociación EoClásica, ofrece cinco concertos dende este xoves ata o vindeiro luns. Foi presentado este mércores no salón de plenos municipal, acto no que participaron a alcaldesa en funcións, Ana Martínez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, xunto co director do festival, Leopoldo Erice.
Ana Martínez explicou que este festival “xa hai dez anos arrancaba como un fermoso soño da man dun grupo de persoas vinculadas á tradición musical ribadense pero, polo que levo escoitado e visto e polo que sei, cun alma fundamental, que é Leopoldo Erice, que é un madrileño de nacemento pero desde logo un ribadense de corazón. Este grande concertista de piano fai que durante estes días Ribadeo soe de xeito diferente para o mundo enteiro”.
Ademais a alcaldesa en funcións destacou que “Ribadeo é un concello de grandísima tradición musical con institucións tan relevantes como é a coral polifónica, que está celebrando precisamente estes días o seu 60º aniversario, ou a banda municipal de música, que ambas as dúas van participar nesta décima edición do festival”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “este é un festival de moita envergadura que pon moi alto o nome de Ribadeo e que ademais axuda a cultivar o gusto pola música, facéndoa accesible a todos e a todas os ribadenses, aos mariñáns, á xente do Occidente de Asturias e a un feixe enorme de persoas que durante o verán pasan por aquí e empezan a ter claro que achegarse ata Ribadeo implica, aparte de disfrutar da súa paisaxe, que é ben bonita, tamén poder gozar da música ou de calquera outro espectáculo”. Ademais Farruco Graña confirmou “o apoio decidido da Concellaría de Cultura e de todo o Concello de Ribadeo ao desenvolvemento deste festival” e comentou: “primeiro gozar da música durante estes días e acto seguido, unha vez que remate e poidamos dicir que saíu todo ben, poñernos a traballar entre todos, a preparar e deseñar estratexias para recadar o maior número posible de apoios, tanto públicos como privados, para a 11ª edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo”.
O director do festival agradeceu o apoio do Concello ribadense e explicou: “eu nacín en Madrid, pero a miña avoa materna era de Ribadeo e o meu avó, de Tui. Teño, polo tanto, sangue galego e cando estou en Ribadeo síntome na casa. Este lugar e o seu mar teñen un algo moi especial e único que desde moi pequeno me fai volver aquí sempre que podo”. Leopoldo Erice engadiu que “cuando deje de sonar la última nota del concierto del día 24 el festival cumplirá oficialmente diez años. Llegamos a esta edición con mucha ilusión y tras mucho trabajo y esfuerzo. Confíamos en que el futuro sonría a nuestro querido festival y que podamos celebrar muchas más décadas”.
Ademais da banda municipal e a coral polifónica de Ribadeo, no festival participarán a violinista holandesa Frederieke Saeijs, o violonchelista japonés Tsuyoshi Tsutsumi, o clarinetista canadense James Campbell, o pianista Leopoldo Erice e o narrador ribadense Toni Deaño.
Os concertos dos días 20, 21, 23 e 24 será no auditorio municipal Hernán Naval ás 21:30 horas, mentres que o do sábado 22 será ás 12 do mediodía no establecemento nAmor, que está na rúa Amando Pérez,16. O prezo das entradas para cada concerto é de 12 euros, mentres que o abono para os cinco custa 55 euros.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



